A pista de xeo de Vimianzo, un dos centros do Nadal costeiro
18:57 14/12/25
No marco do completo programa do Nadal vimiancés, a pista de xeo é unha actividade transversal. Este pasado venres tivo lugar a súa inauguración, con preto de 40 nenos e nenas is que puideron gozar dun primeiro pase libre para estrear as instalacións.
As entradas teñen un prezo de 5 euros e inclúen os patíns. Teñen unha duración de 45 minutos, deixándose outros 15 para o cambio de calzado. Para patinar é obrigatorio o uso de luvas.

