Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Plan de Emprego de Vimianzo permite a contratación de 9 persoas

Casa do Concello de VImianzo
Casa do Concello de VImianzo
O Plan de Emprego de Vimianzo permite a contratación de 9 persoas

O Concello de Vimianzo quere destacar como creador de Emprego, de calidade. Así, anuncia a contratación de seis persoas, contratadas como albaneis ao abeiro dun Plan de emprego municipal. Estes albaneis encargaranse do desenvolvemento de pequenas obras e do mantemento das infraestruturas municipais.

Por outra banda contratáronse tres persoas para cubrir postos recollidos na Relación de postos de traballo: 2 operarios de servizos múltiples e un tractorista.

Para o alcalde estas contratacións son tamén moi importantes polos traballos que desenvolverán, consistentes en obras de pequeno orzamento, asumidas con fondos propios do Concello, pero demandadas pola veciñanza como entradas en fincas, canalizacións de augas, reparacións de beirarrúas, etc. O

s novos operarios tamén desenvolverán labores de mantemento de infraestruturas municipais como reparacións e pequenas reformas en escolas unitarias, locais parroquiais e outras instalacións municipais.

Comentarios