Venres. 19.04.2024
El tiempo

Prazas vacantes nos Ciclos Formativos de Administración do IES Terra de Soneira

Aula Informática IES TErra de Soneira
Prazas vacantes nos Ciclos Formativos de Administración do IES Terra de Soneira

Se onte era o IES Fernando Blanco o que lembraba que aínda ten un par de prazas para o seu IES Dual, hoxe é o IES Terra de Soneira o que ofrece unha nova oportunidade para o emprego.

A Dirección informa de que se veñen de liberar prazas para a matricula nos Ciclos Formativos, Medio e Superior, da familia de Administración e xestión. O prazo de matrícula remata o luns 26 de xullo ás 13:00 h.

No caso do ciclo medio a matrícula queda condicionada a que exista un número mínimo de solicitudes segundo o establecido na normativa vixente.

Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos. O noso alumnado goza dunha elevada taxa de inserción laboral no sector ao que orientan os nosos ciclos.

Para máis información podes poñerte en contacto co noso centro a través do correo electrónico [email protected], no teléfono 881 866 519 ou na web www.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/.

Novas relacionadas

Comentarios