Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Adiante Vimianzo presenta unha moción sobre a precaria no Centro de Saúde

Centro de SAude de Vimianzo
Adiante Vimianzo presenta unha moción sobre a precaria no Centro de Saúde

O pasado venres as propias profesionais do Centro de Saúde de Vimianzo describían en QPC as precarias condicións de traballo nas que sobreviven nesta etapa postpandemia. Recolle a crítica o grupo de Adiante Vimianzo que presenta unha moción para debater no pleno sobre os recortes sanitarios no Centro.

O grupo entende que ten que ser un servizo público de primeira necesidade e critica a situación habitual da Atención Primaria sobre todo no verán, onde aumenta a poboación da comarca, e no canto de reforzar os centros, non se substitúen as baixas e vacacións. A realidade é que o centro de saúde de Vimianzo conta con cinco médicos e médicas, mais durante os meses de verán tan só son tres os facultativos. Un recorte semellante ao do persoal de enfermería.

Por iso piden que a Corporación Municipal de Vimianzo insta á Xunta de Galicia “a garantir a atención en todas as consultas médicas, con todos os postos de persoal sanitario no centro de saúde de Vimianzo, cubertos durante todos os días do ano”. Así mesmo pide ao Pleno que inste ”aos grupos parlamentares de Galicia a adoptar un acordo lexislativo a favor da mellora do sistema público de saúde, garantido a cobertura de todas os postos sanitarios en todo momento, e reforzando os mesmos co aumento de contratación de persoal sanitario”.

Novas relacionadas

Comentarios