Martes. 07.05.2024
El tiempo

O Presidente da ABC de Corcubión percorre a comarca para celebrar o seu 100 aniversario

Vimianzo ABC Corcubión
Vimianzo ABC Corcubión
O Presidente da ABC de Corcubión percorre a comarca para celebrar o seu 100 aniversario

Carlos Ameijeiras, o presidente da Asociación Benéfica Cultural do Partido de Corcubión, ABC Corcubión, de Bos Aires, anda pola comarca no marco dos actos polos 100 anos da súa fundación.

Onte foi recibido pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, a quen Miñones lle fixe entrega dos detalles do centenario celebrado o pasado mes de novembro, co descubrimento dunha placa conmemorativa na sede da súa sede social da rúa Venezuela, na capital de Arxentina. 
Un centenar de persoas acudiron ó acto, que contou con personalidades como o cónsul xeral de España en Bós Aires, Fernando García Casas; o conselleiro de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Embaixada de España en Arxentina, Pedro Zarco Colón; a presidenta do Consello de Residentes Españois de Bós Aires, Susana Carbia Espiño e máis autoridades de centros da colectividade galega e española en xeral. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a Ameijeiras "que sempre se lembre a Vimianzo tanto nas súas aparicións públicas como nas súas accións non gubernamentais. O noso é un pobo tamén emigrante e temos unha parte do noso corazón en Arxentina". 

Comentarios