xoves. 22.05.2025
El tiempo

Programa do Outono teatreiro de Vimianzo

Programa do Outono teatreiro de Vimianzo
O Concello de Vimianzo presenta a súa programación cultural do último trimestre do Auditorio da Casa de Cultura. O teatro, a música e a danza serán de novo os protagonistas dos domingos no Auditorio de Vimianzo, desde o día 3 de outubro e ata o 19 de decembro. Compañías como Talía Teatro, Lagarta Lagarta ou Teatro do Atlántico, serán os pratos fortes para esta programación. Tamén haberá cabida para os novas propostas en danza e música. Como na anterior programación, haberá un sábado ó mes para unha sesión de contacontos infantís na biblioteca. O horario das función manteranse con respecto a anteriores edicións: as funcións para tódolos públicos serán as 18:30 e para maiores de 13 anos ás 20:00. A entrada será gratuíta para tódalas funcións.

Programa Outono 2010

Comentarios