martes. 28.04.2026
El tiempo

LigadaCostaFEM: O Outes mantén a praza de ascenso directo ante a presión de Cabana e Juan Cabrejo

Outes feminino segue afianzando
O Outes tras vencer no Cunchido
LigadaCostaFEM: O Outes mantén a praza de ascenso directo ante a presión de Cabana e Juan Cabrejo

Quedan só 2 xornadas por diante para o remate da curta #LigadaCostaFEM, e se o Soneira celebrara o título no Irmandiño, Outes, Cabana e EF Juan Cabrejo seguían disputando a segunda praza de ascenso directo e a praza de promoción á 2ª Div. Non fallaban ningún dos 3 polo que a cousa queda pendente das vindeiras xornadas. Para a que vén, o Cabana será o que teña máis complicado ante un Soneira xa campión, se ben na última haberá un Outes-Cabana que pode ser determinante.

As Miúdas - Zas (1-3)

  • As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Salomé, Sabela, María González e Sofía Caamaño. Tamén: María García, Alba, Lucía, Lola e Nicole.
11 do Sporting Zas fem en Muros
11 do Sporting Zas fem en Muros. Foto: SP.
  • Zas: Alvite, Sara, Lorena,  Carlota, Jimena, Tania, Lucia, Lara, Nuria, Antia e Nerea. Tamén: Valeria, Alba, Laura.
  • Goles: 1-0, m.2: Salomé; 1-1, m.30: Nerea de penalti; 1-2, m.42: Nerea; 1-3 m.75: Nuria.

Bo partido do Zas, que está demostrando unha evolución tremenda nesta a súa segunda temporada en liza. Facía calor pero o ritmo era frenético, con dous equipos moi intensos. Abrían o marcador as locais na primera xogada de ataque. Pouco a pouco as de Anxo Garrido foron apretando e Nerea conseguía darlle a volta ao marcador tras transformar un penalti que lle facian a Lucía e despois noutra xogada contra a porteira poñia o 1-2 o descanso.

Seguía o ritmo moi alto na segunda, con ocasións nas dúas áreas, pero sen acerto. O partido seguía aberto ata que Nuria sentenciaba a 15 do final.

Zas-Miudas
Zas-Miúdas. Foto: Sp.

Cerqueda - Xallas B (5-0)

  • Cerqueda: Inés, Antía, Uxía, Sara, Arancha, Aroa, Alba, Antía, Érika, Tati e Tania. Tamén: Alexia e Saray.
  • Xallas B: Yaiza, Alba, Soraya, Saray, Carmen Pena, Laura, Patricia, Valeria, Marta, Mar, Naiara. Tamén: Sara, Noa Andrade e Noa Labandeira.
  • Goles: 1-0, m.24: Uxía; 2-0, m.43: Arancha; 3-0, m.68: Antía; 4-0, m.76: Uxía; 5-0, m.81: Arancha.

Vitoria clara das malpicás para sumar a súa segunda vitoria consecutiva.

Soneira - Dubra (4-0)

O Soneira SD campion da Liga da Costa FEM 2
O Soneira SD
  • Soneira: Paula, Noa Forján, Cristal, Cris, María, Uxía Albores, Uxía Lema, Mace, Dani, Kelly e Kenny. Tamén: Laura Calvo, Ana Mouzo, Tamara, Sara Agra e Luana.
  • Goles: 1-0, m.61: Tamara; 2-0, m.67: Kenny; 3-0, m.75: Kenny; 4-0, m.82: Kenny.

Recibía o Soneira o pasillo das visitantes como vixente campión da #LigadaCostaFEM, nun partido no que lles custou arrincar ás de Roland. Moi pouco na primeira ademais dun pau de Kelly e un man a man de Daniela. Na segunda, cunha marcha máis, apretaron as soneirás, con Tamara e Kenny como protagonistas. A artilleira vimiancesa suma 42 tantos, e está a só 1 gol da muxiá Eva Lema na loita polo prezado balón da Olería de Buño da Gala do Fútbol da Costa-QPC.

Ao rematar o encontro recibían a copa de campioas, da man da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodrígues, e o delegado federativo Manolo Corredoira.

O Soneira SD campion da Liga da Costa FEM

Ponteceso - Cabana (0-3)

Ponteceso feminino

  • Ponteceso: María Lema, Sabela, Nerea, Eva, Helena, Laura, Julia, Iria, Lucivili, Lucía Pena e Virgi. Tamén: Tania, Uxía e Maica.
  • Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Mireia, Iria, Aroa (Begoña), Inma, Alejandra (Sabela), Irene, Laura, Silvia (María Gómez), Nerea (María Souto).
  • Goles: 0-1, m.5: Nerea; 0-2, m.13: Silvia; 0-3, m.55: Laura Torrado.

ponteceso-cabana

Con moitas e importantes baixas segue o Ponteceso que recibía a un Cabana na loita. Adiantábanse pronto as de José Manuel por medio de Nerea o recoller un rexeite ao seu propio tiro tras unha gran parada de María, nunha xogada na que ademais se lesionaba Sabela. As de Ponteceso estaban ben intensas incomodando ás cabanesas, pero Silvia facía o segundo, tras unha falta de entendemento na defensa local.

Saíron con novos folgos as pondalianas, pero e Iria estivo a piques de recurtar, pero non atinou e ademais acabou resentíndose da lesión. María Lema impedía ampliar a renda nun lado e Miriam tamén fixo un paradón a unha falta das locais.

Outes - Corcubión (4-1)

  • Outes: Lía, Fátima, Antía, Alicia, Natalia, Carmen, Miriam, Gema Roo, Carla, Iria e Laura Lires. Tamén: Erika, Marta Calvo, Uxía e Candela.
  • Corcubión: Lucía, Alexandra, Marta, Carla, Cris, Antía, Andrea Rod., Andrea Romero, Lara, Helena Lopez, Jimena. Tamén: Ana Sierra, Tati, Lucía Garea e Sandra García.
  • Goles: 1-0, m.7: Carla; 2-0, m.13: Laura Lires; 3-0, m.15: Carla; 4-0, m.26 Carla Vidal; 4-1, m.37: Alexandra.

Pedra de toque para un Outes que quere manterse na privilexiada praza de ascenso directo ante un bo Corcubión. Saíron moi enchufadas as de Dani Salgueiro, coas tres de arriba (Carla, Laura Lires e Iria) combinando ben e facendo danto ata o mundo de que aos 25 minutos Carla xa levaba un triplete a Laura tamén marcara un gol.

As corcubionesas non decaeron e intentaban crear perigo por medio de Andrea Romero e os seus marabillosos pases filtrados que facían dano, como o que aproveitou Alexandra para recurtar distancias.

A segunda foi máis bronca, con menos xogo combinativo, menos intensidade e máis queixas arbitrais do adestrador corcubionés, Rubén Castillo, que acabou expulsado por doble cartón.

A Baña - Camariñas (0-6)

  • Camariñas: Desiré, Lola, Rocío, Rosana, Aitana (Brenda), María, Laura Pose, Yara, Laura Paredes (Alba), Maira e Paula Mouzo.
  • Goles: 0-1, m.32: Paula Mouzo; 0-2, m.46: Laura Paredes; 0-3, m.54: Paula Mouzo; 0-4, m.60: Laura Paredes; 0-5, m.81: Maira; 0-6, m.87: Paula Mouzo.

Partido de cor azul, con numerosas ocasións, aínda que os goles tardaron máis de media hora en chegar. O gol nada máis comezar a segunda de Laura Paredes si que acabou rompendo o partido e obrigando a abrirse ás locais, permitindo o triplete da concelleira.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios