martes. 28.04.2026
El tiempo

1ª e 2ª Div. FUTFEM: Desexando acabar

Xallas Fem en Carral
O Xallas tras vencer en Carral e confirmar a súa permanencia
1ª e 2ª Div. FUTFEM: Desexando acabar

Aínda quedan 5 xornadas para rematar este eterna competición. Desexando acabar todos os equipos. O Muxía para confirmar o seu título, unha vez que está a un paso de ratificar o ascenso directo. Dumbría, Corme, e Cee xa sen nada en xogo, esperando as ceenses a final da Copa cun Xallas que certificou a súa permanencia na 1ª García Ulloa.

Pero sobre todo a Esteirana está desexando acabar o seu ano fatídico. Este domingo chegou un momento duro para a entidade que por mor das baixas non dou xuntando xogadoras suficientes e non seu puideron presentar ao partido na Coruña ante o Eirís.

1ª FUTGAL, xornada 26

Carral - Xallas (3-4)

  • Xallas: Peta, Carla Landeira, Graci, Ainhoa, Daniela, Sara, Noe, Barcia, Facal, Espasandín, Olalla. Tamén: Judit e Valeria.
  • Goles: 1-0, m.9: Sara Regueira; 1-1, m.15: Olalla tras saque longo de Peta; 1-2, m.36: Barcia a pase de Olalla; 1-3, m.52: Espasandín a pase de Graci; 2-3, m.56: Silvia de penalti; 3-3, m.80: Sabela; 3-4, m.88: Carla nun córner botado por Noe.

Co empate chegáballe ás de Eloy García Feteir para asegurar matematicamente a salvación. Pero non se conformaron as xalleiras e pelexaron unha vitoria no magnífico céspede do Castro para ratificar un ano máis na categoría autonómica. E iso que chegaban con moitas baixas e só 13 xogadoras as costeiras, e que pronto recibían o primeiro tanto. Reaccionaban pronto as verdades, e antes do descanso eran quen de darlle a volta ao marcador, con Olalla e Barcia como protagonistas.

Espasandín ampliaba a vantaxe ao comezo da segunda, pero a lesión de Graci nesa mesma xogada deixaba tocado ao equipo, que sufría fisicamente permitindo que o Carral se metía de cheo no partido mesmo empatando a falta de 10 minutos.

Valíalle o empate aos dous, pero as xalleiras sacaron o orgullo, volveron tomar o mando e chegar a área rival, e nun córner, a central Carla marcaba a centro de Noe.

2ª Div. Fem., xornada 29

Victoria - Dumbría (2-1)

Dumbria feminino na Coruña

  • Dumbría: Liss, Ana, Yoli, Yaiza, Carla Recarey, Lara, Sabela, Paula Fandiño, Alba, Claudia Cundíns. Tamén: Alicia.
  • Goles: 1-0, m.45: Carmen Varela; 1-1, m.46: Alba Caamaño; 2-1, m.84: Ariadna.

Partido sen moita chicha, cun cadro herculino cun puntiño máis de ritmo e ante un Dumbría que intentaba, coas baixas, manterse ben no partido. Un gol antes do descanso das loicas era respondido moi rápido á volta dos vestiarios polas de Santi Lira, que durante moitos minutos trataron cara a cara a este noviño pero calidoso equipo, e só ao final, a calidade de Ari definía o partido.

Cee - Milagrosa (1-1)

  • Cee: Noemi, Cris, Aroa, Sabela, Laura Blanco, Caro, Martínez, Saray Duarte, Sharay Caamño, Nayara Casais. Tamén: Valeria, Luchi e Aroa.
  • Goles: 0-1, m.30: Lucía; 1-1, m.53: Paula Veiga.

Empate do cadro ceense que pensa máis na Copa que neste treito final de Liga.

Nicrariense Muxía (1-4)

  • Muxía: Sheila, Nerea Pazos, Raquel, Andrea Piroja, Nerea Barrientos, Eva Lago, Andrea Dom., Patri Romaní, Eva Lema e Barca. Tamén: Vero, Paula, Irene, Laura Doce e Karen.
  • Goles: 1-0, m.2: Noa; 1-1, m.21: Eva Lema; 1-2, m.33: Nerea Barrientos; 1-3, m..48: Nerea Barrientos; 1-4, m.89: Eva Lago un golazo dende fóra da área..

De menos a máis, outra vez o cadro muxián. Recibiu moi pronto e foise asentando no campo o equipo de Noe Iglesias, ante un rival que se xogaba a permanencia. Pero con paciencia e sen precipitarse, foi tomando o mando do partido, e logaron remontar á media hora. Na segunda, como adoitan, xogaron mellor, e ampliaron a renda, facendo da porteira local, Luz, a mellor do partido, e sentenciando co golazo da tarde, obra de Eva Lago.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios