Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un proxecto do Concello de Vimianzo e outro de Aantena, destacados entre os 15 proxectos do fondo Territorio Cultura

Nieves Lema e Monica Rod de Vimianzo coa Xunta
Nieves Lema e Monica Rodriguez, á esquerda do Conselleiro
Un proxecto do Concello de Vimianzo e outro de Aantena, destacados entre os 15 proxectos do fondo Territorio Cultura

Xa contamos que o proxecto “Costa da Vida”, presentado polo Concello de Vimianzo, é o mellor valorado de toda Galicia mo marco da convocatoria do fondo Territorio Cultura da Xunta. Onte tivo lugar a presentación oficial dos proxectos escollidos, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, tiveron un posto de privilexio entre os 15 concellos que saíron escollidos.

Un Fondo no que tamén atopamos á compañía costeira Aantena, que despois de espallar a historia dos naufraxios por toda a comarca, ve aprobada a proposta “A ollada de Gustav”, que propón unha vintena de actividades en 14 concellos do Camiño para poñer en valor o acervo cultural local a partir do traballo do antropólogo danés Gustav Henningsen en Galicia.

11,00 h.-             O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibirá os concellos, empresas e asociacións do novo programa Territorio Cultura dirixido ao rural. foto xoán crespo

A expedición vimiancesa explicou que o proxecto ‘Costa da Vida’ ten vocación de ser un “elemento vertebrador e transversal”, e tratará de implicar á veciñanza en xeral, e ao tecido asociativo en particular, para a dinamización sociocultural do municipio, ecuperando a vida e a cohesión social dos núcleos habitados do municipio a través da cultura e dunha visión e mensaxe positivas da terra e da comarca.
Serán 18 intervencións artísticas de primeiro nivel do panorama cultural galego, con disciplinas como a música, a narración oral, o teatro e a comedia.
A alcaldesa quixo destacar “o traballo da persoa que me acompaña hoxe aquí, Nieves Lema, unha das artífices de que hoxe poidamos estar aquí”.

Novas relacionadas

Comentarios