Martes. 23.04.2024
El tiempo

O proxecto vimiancés “Costa da Vida”, o mellor valorado de Galicia en materia de diversificación cultural polas parroquias

Irma Macias levou os Cantos de Nadal a Berdoias
Irma Macías levou a súa voz o pasado Nadal ata Berdoias
O proxecto vimiancés “Costa da Vida”, o mellor valorado de Galicia en materia de diversificación cultural polas parroquias

Xa o pasado Nadal, o Concello de Vimianzo espallou a cultura polas parroquias. É unha das propostas que se leva cocendo moito tempo no departamento de cultura do concello, que vén de presentar un proxecto singular ante a Axencia Galega de Industrias Culturais.

”Costa da Vida” pretende “recuperar a esencia daqueles locais sociais nas aldeas”, como nos comenta unha das súas, a técnica Nieves Lema, como recoñece a propia concelleira de Cultura, Rosa Blanco, qie quixo destacar “o traballo de todo o equipo encargado de idear, redactar e fundamentar esta proposta”.

As boas novas chegan porque ademais de ser aprobado, o proxecto “Costa da Morte” é o mellor valorado de todos os presentados a esta convocatoria do novo fondo do Territorio Cultura, que trata de ampliar e diversificar o tecido cultural nos núcleos non urbano.

Implicación

”O obxectivo principal de ‘Costa da Vida’ é implicar á veciñanza en xeral, e ao tecido asociativo en particular, para a dinamización sociocultural do municipio, recuperando a vida e a cohesión social dos núcleos habitados do municipio a través da cultura e dunha visión e mensaxe positivas da nosa terra e da nosa comarca”, explican dende o Concello.

Trátase dun proxecto diferente que chegará a todos os estamentos da sociedade vimiancesa para converterse nun “elemento vertebrador e transversal, introducindo unha intensa actividade cultural con compoñentes contemporáneos na vida cultural do municipio”.

Serán 18 as intervencións artísticas de primeiro nivel do panorama cultural galego, con disciplinas como a música, a narración oral, o teatro e a comedia, gracias aos 47.500€ de axuda outorgadas para as anualidades 2202 e 2023.

Comentarios