![Raquel-Rodriguez-Amigo-candidata-do-PP-de-Vimianzo]()
Raquel Rodríguez Amigo, é concelleira do PP en Vimianzo
O comité executivo provincial do Partido Popular, liderado por Diego Calvo, presentou onte as novas persoas que integrarán as novas
xestoras do municipios de Bergondo, Abegondo e Vimianzo.
Raquel Rodríguez Amigo asumirá a presidencia da xestora vimiancesa mentras que Anselmo Castiñeira, Beatriz López, Jacinto Mouzo, María del Carmen Mouzo, María Oanes, Jonathan Olveira, Mónica Pazos, Manuel Pérez, José Pérez, José Manuel Rodríguez, Roberto Rúa, María Inmaculada Sánchez, Marisol Santos, Juan Silva, Santiago Suárez e Mariano Suárez formarán o resto del equipo.
"Comprometémonos a renovar o partido alí onde sexa necesario para adaptarnos ás demandas dos veciños", manifestou Calvo quen insistiu en que estas decisións permitirán afrontar en mellores condicións as próximas citas electorais. Nesta liña, o presidente provincial apuntou que o PP coruñés está "perfectamente preparado e con gañas" para afrontar os comicios do 26 de xuño.
Comité Electoral Provincial
Por outra parte, a dirección provincial do PP anunciou tamén o equipo de campaña que traballará de cara ás eleccións xerais do 26X e que estará liderado polo propio Diego Calvo, como responsable político, mentras que o vicesecretario de organización e territorio, Evaristo Ben, será o coordinador da campaña.
O Comité Electoral Provincial estará composto por Rosa Quintana como presidenta, Evaristo Ben como secretario, e por José Manuel Rey Varela, José María Barreiro Díaz, Ernesto Anido, Luis Oujo, José Manuel López Varela e Zaira Rodríguez como vogais.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- PP