![obras A Piroga O alcalde, Manuel Antelo, achegouse na xornada de onte ata A Piroga para coñecer o estado das obras]()
Na xornada do pasado xoves procedeuse á
reanudación das obras de saneamento do lugar da Piroga, na parroquia vimiacesa de Bamiro. Unha reanudación que chega logo da autorización de Augas de Galicia e Estradas, asi como co visto bo da Deputación da Coruña para executar o modificado do proxecto.
As obras reanudáronse nos prazos previstos polo Concello e grazas á celeridade de Augas de Galicia e da Deputación da Coruña na xestión das autorizacións que lles competía.
A obra petende que se eliminen os puntos de verquido de augas residuais ao Río Grande, que se levarán mediante un colector que atravesará do río á EDAR de Baio.
Os desexos do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, son “
que o as obras rematen o máis axiña posible para prestar un servizo de depuración de augas residuais fundamental para o benestar dos cidadáns”. Antelo asegurou que as polémicas e comisións de investigación creadas pola oposición sobre este asunto, “respondían única e exclusivamente aos intereses espúreos onde pesaba máis o dano que se lle pretendía facera o alcalde que o interese dos veciños”. Segundo o primeiro edil, “Vimianzo ten un goberno serio e responsable e unha oposición que non está á altura, Os feitos confirman as verdades trasladadas desde a alcaldía sobre este proceso e evidencian as mentiras da oposición”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).