Rematado o mural homenaxe a Evaristo Martelo, enmarcado no proxecto Vimianzo M.O.L.A.

07:38 29/09/25
Outro dos murais do proxecto Vimianzo MOLA xa está rematado. Desta volta, trátase dun mural colaborativo, feito pola propia veciñanza, en homenaxe a Evaristo Martelo
A peza, de 50 metros cadrados de superficie, foi elaborada coa colaboración da rapazada do municipio con pintura fotocatalítica, que absorbe o dióxido de carbono e os óxidos de nitróxeno (responsables do efecto invernadoiro), contribuíndo así á plantación de 50 especies arbóreas.