Santa Comba e Vimianzo acollen diferentes cursos formativos
Novos cursos formativos dende os Concellos de Santa Comba e Vimianzo.
Curso de Manipulador de Alimentos en Vimianzo
A Cruz Vermella anuncia a posta en marcha do Curso de Manipulador de Alimentos que se realizará o vindeiro sábado 25 de marzo en horario de 10 a 13 horas.
O curso é necesario para traballar no sector da hostelería, en comedores escolares,en residencias de maiores e centros de día... en definitiva, para aquelas persoas que pola súa actividade laboral ten contacto direto cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución venta, suministro e servizo.
A inscripción pode realizarse na propia asamblea local de Cruz Vermella Vimianzo ou a través da web: formación.cruzvermella.org, no teléfono 981717136 ou na asemblea de Cruz Vermella Vimianzo.
Curso informático en Santa Comba
Así mesmo, a Aula CeMit de Santa Comba acolle varios cursos relacionados co CODix, con contidos baseados en LibreOffice.
Tendes máis información en cemitsantacomba.blogspot.com.es, e poden inscribirse no 663 746 523 / 664 374 883 ou en cemit.santacomba.xunta.es.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).