Luns. 29.04.2024
El tiempo

Treos escoita as historias de Puri Cabido e Carme Varela

Puri Cabido e Carme Varela en Vimanzo
Treos escoita as historias de Puri Cabido e Carme Varela

Este sábado 19 de decembro, o colectivo xuvenil O Ariente mantén a súa actividade cunha presentación doble. Serán as escritoras Puri Cabido e Carme Varela as que participen nun interesante faladoiro a partir das 19:00h na Casa Landeira de Treos, Vimianzo.

As obras tratan dúas grandes problemáticas ambientais. 

Cabido, docente, activista feminista, integrante e fundadora da plataforma galega Nunca Máis (actualmente traballa como profesora de francés no IES de Cacheiras) presentará unha obra que nace na Costa da Morte. Ela participou naquela cadea humana estudiantil realizada o 22 de xaneiro de 2003 co gallo do Prestige, organizada pola Coordinadora de Ensino Areanegra. Esa impactante experiencia escolar forma o eixe de “Areanegra na casa encantada”, un ensaio que recibiu un Accesit nos Premios SELIC 2023.

Tamén estará Carme Varela (Duomes de Arriba, A Baña, 1970). Esta Licenciada en Filoloxía Galega completa a súa formación cun máster en xestión cultural na Universidade de Barcelona, presneta “Faise Escuro, guión teatral que recibiu un Premio SELIC 2023, que recille unha historia común, unha historia veciñal onde a violencia fica soterrada no privado e no público, no interor dun piso en Compostela e nos altos monte das serras caldelás, fan abanear as vidas de Raquel, Lidia e Eva, mentres Antón explora territorios e conquista vontades.

Haberá música en directo de Jacobo Mouriño.

Comentarios