Venres. 26.04.2024
El tiempo

Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias

Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias
Accidente en Berdogas Un novo accidente no cruce de Berdoias da AC-552 Tres persoas resultaron feridas nun novo accidente de tráfico rexistrado ao redor das 14 horas no punto quilométrico 74,500 da AC-552, á altura da parroquia vimiancesa de Berdoias. No sinistro víronse implicados dous turismos e unha das vítimas tivo que ser liberada polos Bombeiros de Cee, con fortes dores nas cervicais e nas cadeiras. Urxencias Médicas foi quen deu a voz de alarma e avisou ao centro de Emerxencias 112, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee e aos voluntarios de Protección Civil.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios