Luns. 10.08.2020
El tiempo

Tres feridos nun accidente entre outros tantos coches en Calo

Tres feridos nun accidente entre outros tantos coches en Calo
Tres persoas resultaron feridas - todas de carácter leve - despois de que onte á tarde se producise un accidente entre 3 vehículos que circulaban á altura do punto quilométrico 3.500 da AC-432, no lugar e parroquia vimiancesa de Calo.

Nada mais recibir a alerta dun particular, ao fío das 19:00 horas da tarde pasada, o 112 Galicia  puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Cee, dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Así mesmo, requiriuse a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada,  que se encargou da limpeza da vía.

Os servizos sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias confirmaron ao persoal do CIAE que os tres feridos foran trasladados ao centro hospitalario Virxe da Xunqueira de Cee.

  Accidentes 2018 Fonte

comentarios