Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Tres feridos nunha saída de vía en Vimianzo

Tres feridos nunha saída de vía en Vimianzo
Malos días para as estradas da Costa da Morte. Despois do accidente mortal que tivo lugar onte en Cee esta mañá produciuse outro sinistro á altura de Santa Irene - en Vimianzo - no que tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban. O accidente tivo lugar no punto quilométrico 57-58 da AC-552. Os equipos de emerxencias desprazáronse ata o lugar, logo de recibir a alerta dun particular. Os bombeiros de Cee, a Policía Local e persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foron informados polo 112 Galicia. Urxencias Médicas confirmou o traslado dos tres feridos ao centro hospitalario de referencia. Incendio en Sardiñeiro Por outra parte, os bombeiros de Cee sofocaron a pasada noite un incendio rexistrado na localidade fisterrá de Sardiñeiro. A voz de alarma dérona uns veciños que indicaron que ardían unhas madeiras situadas nun campo preto das vivendas. O incendio quedou extinguido pasadas as 00:20 horas e a continuación realizaron labores de enfriamento.

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios