Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Un centenar de proxectos subvencionados e 270 empregos consolidados polo GDR-Costa da Morte

Un centenar de proxectos subvencionados e 270 empregos consolidados polo GDR-Costa da Morte
GDR Costa da Morte Axudas

Apoiar ás pequenas e medianas empresas. Ese é o cometido das axudas do GDR-Costa da Morte, como xa temos comprobado en diferentes proxectos como o da Clínica Vértebra.

I é que dende a súa creación, son xa preto de 100 os proxectos subvencionados pola UE a través do GDR3. Facendo un reconto en xuño deste ano, e contabilizando dende decembro de 2009, ha hai aprobados 86 expedientes de 70 de promotores particulares, con varias ducias máis de proxectos presentados nos últimos meses.

Falando en clave de euros, neses 5 anos de existencia, o GDR ten aportado uns 4,5 millóns de euros de subvención, do entorno dos 10 millóns de investimento.

Empleo, empleo e empleo

Todo cun sentido, cunha idea clave: a creación e consolidación de emprego. De feito, son xa 240 empregos consolidados, e uns 70 novos postos de traballo creados.

Últimas Axudas

Seguen abertas as convocatoras, pero Europa ten outros sitios onde investir e este será o último prazo, que está aberto ata o 30 de setembro do 2015, cando teñen que estar todos os proxecto en marcha. “O prazo está aberto e cartos hai” así que ”Hai que xogala”.

Xogala si, pero sempre pensando en proxectos que vaian saír adiante con axuda ou sen axuda. Aí é onde os GDR poden realmente facilitar as tarefas, pero nunca prantexar un proxecto en base á subvención. Iso nunca funciona.

Ben é certo que as axudas as Pemes baixaron, e só poden cubrir ata o 35% do investimento total, pero en proxectos agrarios e forestais as axudas seguen manténdose ata o 45%.
I é que cos proxectos que hai presentados xa estarían invertidos todos os fondos do GDR Costa da Morte, pero sábese que van sobrar fondos de outras zonas, e se vai facer o reparto e seguro que algo cae máis na Costa.

Máis proxectos en Vimianzo

Curiosamente coincide a ubicación da oficina do GDR co Concello con máis proxectos en marcha. Non se sabe se será por iso, porque as empresas soneirás están mellor asesoradas ou porque os veciños de Vimianzo son máis emprendendores. Pero a realidade é que hai máis proxectos presentados dende Vimianzo que dende o resto da comarca.

Temos por exemplo proxectos en marcha como unha Fábrica de calzado de Francisco Ameijeiras Gándara ou unha empresa de elaboración i envasado de productos locais da man de Coido de Sabadelle, S.L. Xa proxectos finalizados podemos recordar a Implantación dun Sistema de Adición de Lípidos na Fábrica de Piensos Agrosoneira, ou a Modernización da Estivada, Soc.Coop.Galega.

GDR-Costa da Morte

O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Campaña GDR

Proxectos en marcha

Fonte

Comentarios