Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un cento de sorrisos nos Vimicampamentos

Un cento de sorrisos nos Vimicampamentos
Vimiacampamentos 2018 Máis dun cento de nenas e nenos participan na primeira quenda dos Vimicampamentos que se desenvolverá ata o 24 de xullo. Citas fundamentais para a conciliación familiar e laboral durante as vacacións de verán. Durante estes días realizarán actividades medioambientas relacionadas coa reciclaxe e a reutilización, visitarán o Punto Limpo, coñecerán os penedos de Pasarela, o paseo fluvial de Vimianzo, o Castro das Barreiras, terán tempo para obradoiros, manualidades, xogos, xincanas, piscina e unha xornada na praia do Ariño, con velada no pavillón de Vimianzo para os máis maiores.

3 Vimicampamentos e moito máis

Este ano como novidade organízanse 3 edicións do Vimicampamento, a primeira do 9 ao 24 de xullo, a segunda, do 26 de xullo ao 10 de agosto e a terceira, do 16 ao 31 de agosto. Tamén se cubriron as 30 prazas destinadas a nenas e nenos nacidos entre 2001 e 2006 para o campamento multiaventura nas instalacións de Galipark, en Padrón, ao igual que para os cursos de mecanografía que se desenvolverán no Telecentro entre o 9 de xullo e o 31 de agosto, e para o curso de programación con Scratch que se desenvolverá no Telecentro entre o 9 e o 31 de xullo. O martes da vindeira semana desenvolverase a excursión ao Aquapark de Cerceda.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vimianzo-centra-a-programacion-de-veran-na-conciliacion/

Comentarios