Martes. 16.04.2024
El tiempo

Un Simposio sobre o Castelo volverá colocar Vimianzo como capital do patrimonio

Un Simposio sobre o Castelo volverá colocar Vimianzo como capital do patrimonio
Presentacion do Simposio do Castelo Presentacion do Simposio do Castelo Volverá este mes de setembro a convertirse o Concello de Vimianzo na capital do patromonio. Se en 2016 foi co Simposio do Megalitismo, este 2018 Vimianzo prepara o primeiro simposio sobre o castelo de Vimianzo. "O castelo de Vimianzo ao longo dos séculos" celebrarase o venres 28 e o sábado 29 de setembro e será a primeira vez que diferentes expertos investigadores poidan achegar diversas perspectivas e completar o relato histórico da fortaleza soneirá. Carlos Galbán, arqueólogo e historiador; Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez, arqueólogo da Xunta; Carlos Barros, profesor titular de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela; Carlos Aymerich, profesor titular de dereito administrativo e secretario xeral da UDC; Emilio Grandío, profesor titular de Historia Contemporánea e América na Universidade de Santiago de Compostela; Bernardo Máiz Vázquez: Doutor en Historia Contemporánea; e César Abella, Redactor do Plan Castelo de Vimianzo, serán os nomes que xunto a Xosé María Lema Suárez debullarán a historia do castelo.  Na presentación do Simposio estiveron a Concelleira de Cultura Marta Rey, o alcalde de Vimianzo Manuel Antelo o historiador Xosé María Lema Suárez e o técnico de patrimonio Manuel Rial Na presentación do Simposio estiveron a Concelleira de Cultura Marta Rey, o alcalde de Vimianzo Manuel Antelo o historiador Xosé María Lema Suárez e o técnico de patrimonio Manuel Rial

Programa

Simposio_Castelo_Vimianzo_reducido O sábado a xornada estruturase en diferentes bloques temáticos. A mañá céntrase no período medieval da fortaleza, con visita ao propio monumento e descuberta dos seus segredos. Na tarde falarase de memoria histórica, dos sucesos acontecidos en 1936 durante o período no que o castelo foi propiedade municipal trala expropiación e acto simbólico do goberno municipal republicano, e a posterior represión exercida polos franquistas. O terceiro bloque centrarase na xestión patrimonial, nas actividades actuais e proxectos de futuro para o castelo de Vimianzo. A xornada remata cunha velada nocturna no patio de armas gozando do fermoso espectáculo teatral e musical de Tero Rodríguez e o grupo musical Barahúnda, en memoria das vítimas do 36. O simposio complétase cunha exposición fotográfica do material achado no foso do castelo tras un derrubamento accidental do muro leste. Este ano depositáronse as pezas no museo arqueolóxico de San Antón da Coruña, e grazas á súa colaboración poderanse ver as reproducións da cerámica de luxo e común atopada, armas de ferro... Durante o simposio poderanse degustar diferentes produtos locais inspirados no castelo, desde as sobremesas até a gastronomía medieval posta en valor polo Concello de Vimianzo e recuperada para a hostalería.

Inscricións

O simposio está aberto a todo tipo de público, desde estudantes, profesorado, a todo tipo de curioso sobre a historia medieval, a memoria histórica, a literatura do Rexurdimento ou a xestión patrimonial. A inscrición é gratuíta e xa se pode realizar a través da páxina web www.vimianzo.gal. Para máis información pódese chamar ao 981 716 001. O Centro de Formación e Recursos da Coruña certifica as horas de asistencia a este simposio para o profesorado.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-simposio-do-megalitismo-reclama-mais-politicas-para-coidar-o-patrimonio/

Comentarios