Unha fin de semana de arte, palillo, gastronomía e festa en Vimianzo


Completa chega a fin de semana no Concello de Vimianzo. O venres ía ter lugar a inauguración dunha exposición de pintura, debuxo e panillo dos alumnos das escolas municipais, pero quedou aprazada para a vindeira semana. A que si chega este sábado hai multitude de cousas toda a tarde e para rematar unha churrascada na Praza do Concello, se o tempo o permite. Imos por partes:
Exposición da Escola de arte e Palillo
O venres 28 ás 20:30h terá lugar na sala de exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo, a inauguración da Exposición da Escola Municipal de arte e palillo. Unha exposición que estará aberta durante o vindeiro mes en horario, de luns a venres de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 20:00h e os sábados só en horario de mañá.
Obradoiro de Gastronomía
Para todas as persoas aficionadas á gastronomía seguro que é de interese o Obradoiro de Gastronomía que se vai facer en Vimianzo este fin de semana dentro do proxecto “Come o mar”.
A cita, será o sábado 22 na Praza do Concello de Vimianzo entre as 10:00 e as 15:00h. Será un bo momento para aprender receitas de diferentes produtos do mar durante toda a mañán, e tamén haberá exposición de redeiras e degustacións.
Festa de Fin de curso e moito máis

A tarde do sábado será infantil. Os pequenos do Colexio San Vicenzo disfrutarán da festa de Fin de Curso e a Clausura das Escolas Municipais culturais e deportivas. Dende as 18:00h haberá contacontos na Bibliteca (con Raquel Queizás), inchables e festa da auga na praza do Concello, para dar paso ao teatro, ás 20:00h no Auditorio co Grupo Teté Teatro de Salto que poñerá en escena O cadáver do señor García.
Como dicimos, a noite remata cunha churrascada aberta e un concurso de cancións, para os que que inscribirse falando con Luciano, que está en todas!!
O Fin de festa musica, a cargo do Dúo Fantasía.
Novas relacionadas
- Coñecendo a historia da Orixe do Asalto ao Castelo.
- Os protagonistas da casa enchen o auditorio de Vimianzo.
- O teatro volve encher Vimianzo tras un exitoso peche das primeiras Escolas Municipais.
- Vimianzo abre un mes de xuño de orgullo pola cultura local.
- Irmandiños, preparen armas!.