Unha ollada ás obras nas parroquias de Vimianzo

09:18 22/12/10
Infórmanos hoxe o concello de Vimianzo do estado de diferentes obras nas parroquias. Despois de ver como quedou o primeiro Parque Biosaludable, hoxe visitamos Carnés, Esquipa, e Carantoña.
O Concello está a construir unha área recreativa entre a Casiña e a Devesa, na parroquia de Carnés. Trátase dunha zona de lecer que os veciños levan pedindo desde fai tempo. Esta zona recreativa, que se cerrou toda con madeira, terá unhas grellas para a carne, bancos e mesas parapoder comer, unha zona de lecer con xogos para nenos.
O Concello tamén está rematando o saneamento da Esquipa. As obras xa están na última fase de saneamento de toda a parroquia de Carnés. Concretamente estase rematando o saneamento da Esquipa, pavimentantdo parte das súas rúas.
Os veciños de Campo do Lopo (Braño, Carantoña) xa poden disfrutar dunha nova praza. O concello tranformou a zona, "abandonada e con refugallos", dos Campo do Lopo, nunha plaza pavimentadada , con peche perimetral, bancos, papeleras, xogos para nenos, iluminación.
Área recreativa en Carnés

Obras de saneamento na Esquipa

Praza en Carantoña

Novas relacionadas
- Vimianzo abre o primeiro Parque Biosaludable.
- O BNG de Vimianzo pide a construción dunha área infantil en Cambeda.
Fonte
- Nota de prensa da man de Evaristo Suárez, Axente de Desenvolvemento Rural do Concello de Vimianzo.