Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Unha senda peonil por Vimianzo

Unha senda peonil por Vimianzo

Hoxe coñecemos que a vila de Vimianzo contará cunha nova senda peonil no centro urbano. Unha obra que chega coa axuda da Deputación, á que agradece o PP de Vimianzo, que nas últimas datas andaba algo apagado. A subvención ascende a 36.000 euros, polo que supón o 80% do total do orzamento da obra.

A senda partirá desde o final da beirarrúa da O.A. (fronte á vella Edar) e chegará ata a rotonda recentemente construída na céntrica Avenida do Vilar. O orzamento total da obra é de 45.000 euros.

Carmen Borbujo, portavoz do PP en Vimianzo, destaca a importancia da obra: "A construción desta senda vai garantir non só a comodidade dos veciños, senón tamén a súa seguridade viaria, porque se trata dunha zona moi transitada polos peóns e con gran afluencia de tráfico", explicou. Borbujo espera, ademais, que "esta primeira actuación sente as bases para establecer unha zona peonil de paseo no futuro".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de VImianzo.

Comentarios