Venres. 18.10.2019
El tiempo

O Consorcio de Turismo, a crise, a Lonxa Comarcal e os ADL centraron o II Foro Costa da Morte

O Consorcio de Turismo, a crise, a Lonxa Comarcal e os ADL centraron o II Foro Costa da Morte

Moitas cousas saltaron enriba das mesas do II Foro da Costa da Morte, que artella o Grupo Correo Gallego. Un novo foro para o debate, dando conta do moito que falamos sobre nós mesmos. Así e todo, foron varias as cousas que quedaron patentes, como o compromiso de Zaira Rodríguez de que a Deputación apoiará a campaña Galicia en color, así como a continuación da colaboración do ente provincial ca Asociación de Turismo de Costa da Morte (Aptcm).

Foi precisamente o Consorcio de Turismo da Costa da Morte outro dos puntos fortes do Foro, pois aló estaban as dúas entidades competentes do sector na bisbarra. Os asistentes puxeron sobre a mesa que son necesarios máis pasos, pois a necesidade dun interlocutor único para poder ter relacion coa Consellería de Cultura e Turismo é urxente, malia que se solicitou que a Xunta aceptase traballar coas instituticións entrementres, como se realiza noutras zonas do páis.

Entre os temas principais, tamén saíu a situación financiera do país, no sentido que a crise están freando o desenvolvemento pois non hai cartos. O propio Andrés Cerdeiras, que aposta pola calidade para a nosa bisbarra, apuntou que había fondos da EU pero non se van poder utilizar porque fan falta os cartos e a banca non os pode adiantar. Viajes Viloria fixo fincapé no mesmo problema.
Nesa liña Cerdeiras fixo patente a necesidade dunha alianza entre o sector extractivo e o industrial e comercial da Costa da Morte, asegurando que o que non pode ser é que "o que se extraiga aquí marche para a Coruña".

O traballo dos Axentes de Desenvolvemento Local tamén quedou claro, comezando coa campaña de visibilización do traballo dos ADL que vén de comezar a Afiprodel. José Ramón Esperante de Mazaricos explicou que a secretaría Xeral de Emprego está pensando retirar as axudas para os ADL de boa parte do país, e para iso traballa a entidade.
O alcalde de Zas falou ben do colectivo e dixo que o éxito do GDR ten un apoio tremendo dos ADL de toda a zona, mentres que o alcalde de Vimianzo tamén botou unha man tamén ao seu traballo.

Unha idea quedou clara, e dende a Costa da Morte se lle quixo enviar unha nota á Xunta de Galicia. "Se Santiago non nos apoia, non o fará Madrid, e menos Bruxelas".

Un resumo mesa por mesa

Mesa de Turismo

Moderada polo mestre da UdC Ricardo García Mira, José Ángel Pérez da Neria, Manuel Pan de APTCM, Zaira Rodríguez representando á Deputación, Manuel Varela Rey, Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo, e Manuel Oreiro de Viajes Viloria, foron os protagonistas desta mesa, na que o ideal era que as administracións públicas explicaran as súas políticas para a Costa da Morte, e que o lado empresarial explicara as súas estratexias e como ven desde no día a día a situación actual.

Con especial incidencia no Consorcio a mesa e os asistentes estaban expectante ante a posición da Consellería, e moitos quedaron defraudados. Varela Rey empezou falando da necesidade de estudiar o que temos para saber a onde queremos ir e expandiuse en determinados elementos. Quedou patente que o Xefe Territorial descoñecía o que están facendo as institucións ás que veñen representar, os estudios que hai feitos ademais de non explicar en ningún momento por que a Xunta freou o pasado 2010 un Consorcio que marchaba na boa dirección.

O propio Varela resumiu as intencións da Xunta para Galicia en 6 puntos:

  • Desenvolvemento normativo.
  • Subvencións en determinados lugares.
  • Actividade inspectora.
  • Xeodestinos.
  • Sinalización.
  • Rehabilitación do patrimonio.

Pola súa banda, Zaira Rodríguez amousouse breve e práctica. "Debemos apostar por unha visión global e fuxir de localismos, defender a marca “Costa da Morte”", incidiu. Repasou todo o patrimonio que xestiona a Diputación e as accións a prol do Turismo realizadas ata o de agora. Aplaudiu o papel de APTCM e felicitouna polo proxecto Galicia en Cor, e engadiu que “a Diputación estará colaborando codo con codo nel”.

Nese sentido, Manuel Pan agradeceu o compromiso público de Zaira de apoiar a APTCM. Fixo un repasou a situación actual, na que deixou claro que "estamos en momentos difíciles e no inverno. Temos unha crise enriba". Ao tempo falou da iniciativa da Xunta de Galicia de dividir a Galicia en XEODESTINOS, unha boa estratexia, pero que nos obriga a tomar conciencia de que temos competencia con outras partes de Galicia ben definidas.
Insistiu en que debemos estar organizados como destino xa que a Xunta quere un interlocutor e falou do CONSORCIO. Dixo que patronal, concellos e Neria estaban de acordo en integrarse e que faltaba coñecer o compromiso da Diputación sobre a financiación que podería achegar. Dixo que se non se sacaba esto adiante consideraríao como un fracaso da Costa da Morte e mesmo persoal, dada a súa implicación neste asunto dende hai 3 anos.

Tivo tempo Pan para loubar o papel do sector privado destacando que "Estamos organizados, e sabemos o que queremos: desestacionalizar, ofertar paquetes atractivos con prezos pactados, para vender e aguantar das nosas empresas. Iso si, "ás administracións pediríamoslles que nos promocionasen, que mellorasen o transporte público".
Tamén fixo unha reflexión sobre o Camiño de Santiago e dixo que esta zona lle debería estar eternamente agradecida á Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, pola defensa desta prolongación, que tivo no seu momento a colaboración de Neria.

Rematou Pan con outra necesidade da nosa zona. "Puxemos nas mans da Xunta un Plan de Sinalización para a Costa da Morte e esperamos que o executen".

Pola súa banda, José Ángel Pérez, da Asociación Neria, dixo que repasara a labor de Neria nos seus 20 anos como dinamizadora e tamén no seu traballo de visita aos empresarios, e que detecta problemas que teñen longo percorrido:

  • Localismo.
  • Necesidade de aproveitar o patrimonio natural e cultural.
  • O clima non é un inconveniente, é algo singular. Deberíamos explotar os temporais.
  • Debemos explotar os naufraxios.
  • Puntos de información permanentes.
  • Falta de profesionalidade do sector (malas prácticas) (Máis tarde, Pan contestou enérxicamente que en todas as enquisas que se realizan a puntuación supera 8,5 sobre 10, polo que non é verdade).
  • Debemos potenciar que a Costa da Morte é calidade.
  • Roteiros de sendeirismo intermunicipais.
  • Ruta dos Faros.
  • Oferta ilegal.
  • Implicación maior da sociedade na sustentabilidade e na conservación do medio ambiente.

Foi Manuel Rey, de Viajes Viloria o máis crítico. Repasou a situación actual global (mundial), que afecta ao turismo e aos viaxeiros:

  • Burbulla tecnolóxica.
  • Folgas xerais: de controladores, de pilotos, folgas encubertas,....
  • Revoltas en países inslámicos.
  • Tsunami en Xapón, con ameaza nuclear.
  • Volcans e terremotos.
  • O sector turistico está sobredimensioando e nos últimos 4 anos pecharon moitas axencias..
  • Estanse recortando salariso (menor poder adquisitivo).
  • A Banca está frenando o desenvolvemento, sendo eles os culpables da crise.
  • Os Mercados (quen són?, alguén mo pode dicir?) están dominando aos gobernos, incluso cambiando presidentes..
  • Eu coñezo ”O mercado” do turismo, a quen vendo e a quen compro.

A mesa tivo un arduo debate ao seu remate ante as críticas dende o público asistente pola falta de avance no asunto do Consorcio. Pan insistiu en que se abandonase o debate da definición territorial da Costa da Morte. "Agora xa temos o Xeodestino definido polas autoridades competentes", matizou. Tamén insistiu en que no consorcio non hai discrepancias: sector, neria e concellos están de acordo. Pola súa banda, Varela dixo que o traballo a nivel individual e empresaria vai ben. "É bo que o sector esté cohesinado", destacou sen máis compromiso.

Quen tamén fixo a súa aportación foi a ADL do Concello de Vimianzo Rosa Sánchez: “Agora non temos consorcio, por ese motivo a Secretaría de Turismo di que non hai un interlocutor válido na Costa da Morte, esto ten como consecuencia que, por exemplo, nos estands de Turgalicia non haxa un mostrador para a zona, POR QUE A XUNTA NON CONSIDERA COMO INTERLOCUTOR VÁLIDO A APTCM TRANSITORIAMENTE para evitar que aos seus efectos a Costa da Morte non exista? Por favor señores políticos loitade pola vosa terra, fainos moita falla!” Despois Varela contestou que tería hoxe unha reunión coa Subdirectora e que lle trasladaría esto.

Mesa sobre o Sector Pesqueiro na Costa da Morte e as súas perspectivas

O representante da Xunta Juan Carlos Maneiro explicou os programas de posta en valor do peixe e do marisco que están levando a cabo. Uns programas que despois foron loubado por Andrés Cerdeiras, que apostou pola calidade. Posteriormente, Maneiro tamén explicou as tendencias na política de pesca, tendentes á conservación do medio ambiente, máis que á actividade pesqueira. Tamén indicou que o ano 2012 será decisivo na definición das políticas comunitarias.

Nacho Castro, da lonxa de Muxía, incidiu que "foron as políticas comunitarias as que nos levaron á situación actual", e criticou a política de "Subvención a desguace".

O que máis falou foi Andrés Cerdeiras, que deixou patente o seu pesimismo. Falou un pouco da súa empresa familiar e dos seus retos, baseados na especialización, diferenciación diversificación, nun marco de calidade. Explicou o difícil que é vender a grandes superficies cando che piden que o prezo dun prato precociñado sexa de 3 euros. "Esto non é un mar de oportunidades é un regato. E a pouca ilusión que nos queda destrózana limitándonos o acceso á financiación. En Galicia hai fondos europeos que non podemos utilizar porque a Banca non nos da crédito. Non podemos avanzar mentras os bancos non cumpran coa súa función", comentou.
"Das poucas oporutunidades que nos quedan a CALIDADE é unha". Así mesmo abogou por unha forte alianza entre o sector extractivo e o industrial de transformación, para que poidamos empregar o peixa da zona. Hai lonxas pechadas e os nosos barcos descargan na Coruña".

No debate falouse da Lonxa Comarcal como solución ao problema do "Muro da Coruña". Esta práctica foi calificada de competencia desleal. Andrés pediulle á xunta un “Plan especifico para o desenvolvemento do sector pesqueiro unindo a parte estractiva coa de transformación”, e baseado na calidade.

Mesa das Liñas de apoio ás empresas

Ademais de incidir na necesidade de que sexa a Xunta de Galicia a primeira en lanzar axudas, para que veñan máis dende o goberno estatal e dende a EU, foron varios temas que se prantexaron. José Ramón Esperante, ADL de Mazaricos e membro da Afiprodel (entidade costeira que dende hai pouco ten ámbito galego) foi claro e conciso nas súas exposicións (o tempo así o impoñía): explicou as axudas e o papel dos ADL. Agradeciu ao Correo Gallego a posibilidade de poder estar aí e ter a oportunidade de visibilizar a labor dos ADL.

Tamén gustou que tanto o alcalde de Zas (GDR) como o de Vimianzo loubaran o papel dos ADL tanto para proxectos comarcais como para o ámbito municipal.

A clausura corriu a cargo do Diputado de Bergantiños da Diputación, de Manuel Antelo, que fixo un completo resumo da mañán, reivindicando o Consorcio de Turismo, e Jesús Trillo, xornalista do Correo Gallego e organizador do Foro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios