Xoves. 02.05.2024
El tiempo

De vender chicles no cole de Vimianzo por 1€ a competir con Amazon

Robot de Adrian Cures
A empresa de Adrián Cures traballa na creación deste robot de IA que fai taredas domésticas
De vender chicles no cole de Vimianzo por 1€ a competir con Amazon

Con apenas 21 anos, e mentres realiza as prácticas dun FP de Ciclo Superior ciclo de Administración do IES Fernando Blanco en GERCA, Adrián Cures (Vimianzo, 2002) controla varias empresas de venda internacional. Agochado das cámaras, Cures leva dende os 12 vencellado co mundo do emprendemento tecnolóxico e aprendendo programación pola súa conta, e dende os 16 representa mellor que ninguén na comarca a figura do novo emprendedor.

”Sorprende por aquí, sobre todo coa miña idade, que xa teña varias empresas, pero en EEUU si que hai moita xente co meu perfil”, explica.” Dende moi novo empecei a formarme no tema empresarial, con youtubers ingleses. Foi sempre algo que me chamou a atención, sempre tiven esa faceta emprendedora”, recoñece. “miña nai tiña un negocio e eu lembro que ía comprar os chicles á libraría e os vendía por 1 euro”… bromea lembrando os seus inicios no mundo dos negocios.

Con 14 anos, e a base de autoformación, foi aprendendo a facer webs, a programar… e "pouco a pouco fun conseguindo resultados, e con 16 decidinme a montar as empresas, de creación de web e optimización SEO… Coa axuda dos meus pais, que están encantados con todo o que fago”, matiza.

Pouco despois creou as súas primeiras empresas, dúas tendas online, unha, E-Bull Tech, de servizos informáticos con preto dun millón de produtos; e outra Flamingo Sex Store, vinculada ao sector erótico, con máis de 20.000 produtos á venda, que funciona moi ben en Xapón e EEUU. Empresas coas que compite con PC Compoñentes ou mesmo Amazon, como el mesmo recoñece.

Un asesor propúxolle levar as sociedades a Estonia, e se ben está encantado facendo as súas prácticas na moderna empresa vimiancesa, ten “gañas de ar o paso e irse a Estonia”. Certo que alí toda a produción tena en remoto, cos seus 27 empregados en plantel (alemáns, ingleses… xente nova moi creativa), traballando dende casa, con xornadas libres, e obxectivos semanais que manteñen o pulso da empresa. A día de hoxe están buscando 8-9 traballador@s máis.

Amante do blockchain, “un dos meus obxectivos é desenvolver un token propio”, pero un dos grandes desafíos nos que se atopa actualmente é no desenvolvemento dun Robot de Intelixencia Artificial que se encargue de facer as tarefas domésticas “Como o de Tesla no eido industrial, pero a nivel doméstico”, explica. Xa “temos todo deseñado, estamos buscando proveedores industriais que o fagan e que queremos financialo a través do crowfunding”, explica Cures.

Comentarios