Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre as inscricións das actividades de informática de verán

Robótica en Vimianzo
Imaxe dos cursos de robótica do ano pasado
Vimianzo abre as inscricións das actividades de informática de verán

Vimianzo abre este venres 10 de xuño, as inscricións para as actividades de informática de verán, que poderán facerse
efectivas ata o 17 de xuño no departamento de Promoción Económica do Concello.

Mecanografía, robótica, ofimática para estudantes ou aprendizaxe para o uso do DNI electrónico son algúns dos puntos do programa. Desenvolveranse na Aula de informática da Casa da Cultura, sendo completamente de balde e as prazas
limitadas.

A actividade de mecanografía terá lugar os meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 11:00 horas para o grupo 1 e de 12:30 a 13:30 horas o grupo 2. De luns a venres, dará comezo o 4 de xullo e terá unha duración de 38 horas totais. Será
para rapazas e rapaces nados entre o 2006 e o 2014.

Robótica será durante xullo para o grupo 1 e agosto para o grupo 2. En horario de 11:15 horas a 12:15 horas, os días para asistir serán luns e mércores. Dará comezo o 4 de xullo para o grupo 1 e o 1 de agosto para o grupo 2. Terá unha duración de 7 horas para cada grupo e tamén está programada para crianzas nadas entre o 2006 e o 2014.

Ofimática para estudantes, para a rapazada nada entre o 2002 e o 2011, será os martes, xoves e venres de xullo (grupo 1) e agosto (para o grupo 2). En horario d 11:15 horas a 12:15 horas. Dará comezo o 5 de xullo para o grupo 1 e o 2 de agosto para o grupo 2. Terá unha duración total de 12 horas por grupo.

A rapazada que naceu entre o 1993 e 2006 poderá anotarse no curso de aprendizaxe para usar o DNI electrónico na Internet. A primeira, o 1 de xullo para o grupo 1; o 30 de agosto para o grupo 2, a segunda quenda. Será en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Comentarios