Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre unhas axudas municipais por nacemento e para o inicio do curso escolar

Vimianzo abre unhas axudas municipais por nacemento e para o inicio do curso escolar
Non todos os concellos axudan ás familias á conciliar e a superar a fenda económica que provoca un nacemento ou o inicio de curso escolar. Vimianzo trata de paliar estas vicisitudes e vén de publicar no BOP a convocatoria de axudas por un total de 22.000€. O obxectivo das axudas para inicio do curso escolar é o de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. A axuda poderase xustificar con facturas correspondentes a gastos de libros de texto, material escolar, roupa ou zapatos. Con respecto á axuda por nacemento, adopción ou acollemento o seu obxectivo é o de contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento. As axudas pretender ser unha contribución para minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan ás familias O prazo para solicitar as axudas remata o 25 de outubro. Para máis información poden contactar co Departamento de Benestar Social do Concello de Vimianzo.

Comentarios