Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo acode ás cifras de visitantes para reafirmarse como importante destino cultural

Vimianzo acode ás cifras de visitantes para reafirmarse como importante destino cultural
Teatro no Castelo de Vimianzo Cita teatral no Castelo de Vimianzo O turismo cultural situase en alza na comarca e Vimianzo avalía un grande aumento de visitantes ao seu patrimonio. Á espera do informe final a realizar ao remate do verán, actualmente obsérvase un incremento moi considerable de participantes nas actividades culturais organizadas dende o Concello. A fortaleza medieval – emblema de Vimianzo e monumento máis senlleiro- contabiliza o seu máximo histórico de visitantes durante o mes de xullo, superando os 4100 visitantes. Unha aposta semellante e perfectamente compatible coa que Zas e a Deputación tamén están a facer nas Torres do Allo, que tamén batían marca de visitas neste pasado mes de xullo.

Importante incremento de visitas ao Castelo

Durante o pasado mes de xullo o Castelo de Vimianzo sumou un total de 4107 visitas, isto significa un aumento de case un 30% con respecto ao mes de xullo de 2016, ano que a súa vez xa tiña superado todas as estatísticas anteriores con 3180 visitantes. As cifras sorprenden aínda máis se consideramos a ausencia de datos durante os días de celebración da festa do Asalto, cun Castelo absolutamente desbordado de xentes, para poder ofrecer un reconto fidedigno.

Didáctica e artesanía

O aumento de visitas ao Castelo semella continuar unha liña constante e ascedente especialmente definida dende o inicio do programa de visitas escolares o pasado inverno, de feito son os servizos de didáctica – as visitas guiadas e as teatralizadas- un dos principais reclamos do Castelo. Asemade, a artesanía encargada de encher de vida o interior dos vellos muros, contribúe con variadas e diversas actividades: exposicións temáticas ou obradoiros abertos, a dinamizar unha fortaleza máis animada que nunca.

O Patrimonio Cultural

Cada fin de semana o turista atraído por este tipo de propostas de turismo cultural baseado no patrimonio, poderá participar de interesantes visitas culturais, alén das habituais ao Castelo ou o Conxunto etnográfico do Mosquetín, cada fin de semana é unha oportunidade de achegarse a un recanto distinto.

Visita aos Pazos: Este sábado a partires das 11:30 e co gallo das festas patronais a protagonista será a propia vila, cunha visita urbana para coñecer máis de cerca lugares tan señoriais como os pazos de Trasariz ou Trasouteiro, así como outras edificacións máis vinculadas a vida común e a cultura popular da vila como o muíño da Agra. O éxito da saída aos Pazos de Zas corrobora que é unha boa aposta. Tamén durante a mañá do sábado, a Asociación do Santiaguiño de Carreira fará un demostración moi especial do seu bo facer textil no patio de armas do Castelo, que promete ser tan animada como dictan as festas. A noite do luns, véspera de festivo, o Castelo volverá a abrir as súas portas a intempestivas horas para asomarnos á historia a través dunha visita teatralizada na que a suposta pantasma do poeta Evaristo Martelo servirá de guía nun itinerario moi diferente ao convencional e cheo de encantos como resulta contemplar a propia fortaleza iluminada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios