Vimianzo acolle un casting para un novo programa da TVG
07:05 17/11/16
O vindeiro martes 22 de novembro, o equipo do novo concurso da TVG "Gaña a túa sorte" desprazarase ata a casa da Cultura de Vimianzo para realizar un casting.
Os responsables da selección buscan parellas - amigos, mozos, familiares, compañeiros, veciños… - maiores de idade que queiran pasalo ben e levar un premio. O horario da convocatoria será de 10 a 17 horas, con acceso libre para todos os interesados. A maiores, as persoas que se poñan en contacto previamente cos redactores do programa terán a posibilidade de concertar hora para evitar colas.
A mecánica de “Gaña a túa sorte” é moi sinxela: doce paneis, dez preguntas e un premio que pode chegar ata os 2.000€. Todo isto aderezado co factor sorte, xa que os concursantes deberán ir eliminando paneis a medida que avanza o programa.
Os interesados poden contactar co equipo do programa a través da súa páxina de Facebook, por Whatsapp no número 600 085 617 ou no enderzo electrónico [email protected]
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- TVG