Vimianzo aproba un orzamento de máis de cinco millóns de euros para o 2017
18:26 30/11/16
Manuel Antelo e Fernando Mancebo nun momento do pleno celebrado onte
As contas do concello de Vimianzo para o próximo ano ascenderán a 5.194.573,17€ tal e como se aprobou no pleno extraordinario celebrado onte. Os orzamentos do 2017 sairon adiante cos votos de Adiante Vimianzo e coa abstención dos membros da oposición formada polo PPdeG, PSdeG e IxVimianzo.
Segundo explicou no pleno o concelleiro de Facenda - Fernando Mancebo -, "estes orzamentos veranse incrementados con posterioridade xa que non recollen as achegas que fará a Deputación da Coruña a través do POS+". O goberno cualifica estes orzamentos de realistas e adecuados para facer fronte aos gastos do concello.
O obxectivo que se marca o goberno liderado por Manuel Antelo a curto prazo é non ter que facer durante o ano 2017 recoñecementos extraxudiciais de crédito para dispoñer de todo o orzamento e non ter que destinalo a pagar facturas de anos anteriores. Da cantidade total, 1,3 millóns de euros adicaranse a inversións e 717.ooo€ á área de Benestar.
O de Vimianzo, é xunto co de Carballo, un dos primeiros concellos da Costa da Morte en aprobar os orzamentos para o vindeiro ano. No pleno carballés aprobaronse uns orzamentos que ascenden a 25,5 millóns de euros.
Novas relacionadas
- 30-11-16: Carballo aproba os orzamentos para o 2017 cun importe de 25,5 millóns de euros
- 14-03-14: Presentados uns orzamentos anti-crise en Vimianzo
- 18-10-11: Rexeitados os orzamentos do Concello de Vimianzo
- O Alcalde de Vimianzo informa cunha carta aos veciños das novas posibilidades urbanísticas.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo