A mocidade do Ariete celebra hoxe en Vimianzo o Akelarre
Dende a organización xuvenil vimiancesa, O Ariete, invitan ao Akelarre II, que se celebra hoxe sábado 17 de agosto nos arredores da casa da cultura, en Vimianzo.
Arrincará a festa ás 19:00 coa actuación de Planete Sauvage, o novo proxecto da artista Cecilia Burillo (violonchelo, piano, ukelele e voz) a cal xa acompañou na anterior edición e que esta vez virá acompañada de Darío Pérez (guitarra eléctrica, piano e voz).
As 20:30 terá lugar o tradicional teatro.
Tras a finalización do mesmo terá lugar, arredor das 21:00 a regueifa con Nuria e Lorena que irá quentando motores para a foliada popular das meighas que comenzará a iso das 22:00.
Tras o remate destes actos, as 00:00 darám paso ao grupo de rock compostelano Liskadakí ao que seguirán as actuacións de DJ Furor as 01:30 e o peche da noite ás 03:00, da man de BB.WAV B2B MAHIA, un dúo de DJs composto por Andrés Mahía e Inma Veiga.