Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Vimianzo celebrou un completo Xantar para 1.200 maiores

Vimianzo celebrou un completo Xantar para 1.200 maiores
1200 maiores en Vimianzo-Foto- Roberto Rua

Doble cita cos maiores da Costa da Morte que dan conta da importancia da 3ª idade nunha zona envellecida como a nosa. Por Muxía foron 600 os comensais, pero recollemos hoxe o acontecido en Vimianzo, onde o pavillón agardaba preparado desde primeira hora da mañá do sábado a chegada dos, nada menos, 1.200 comensais previstos para o Xantar dos Maiores.

As cociñeiras apuraban os fogóns para ter todo a punto; os máis de 70 voluntarios e voluntarias recibían as últimas instrucións, os autobuses recollían os usuarios polas parroquias, os coches comezaban a encher as rúas de Vimianzo. A xente íase achegando ao pavillón agardando a hora de abrir as portas e coller o mellor sitio. Os gaiteiros da Asociación Cultural Trubisquiña facían soar as gaitas facendo máis amena a espera. Á unha en punto abríase o portal do pavillón e a xente comezaba a encher as mesas.

O afiladorrrr Foto- Roberto Rua

O xornalista vimiancés Manuel Rial, que faría de mestre de cerimonias, subía ao escenario dar a benvida a todos os presentes. O chifro do afiador comezaba a deixarse escoitar entre o balbordo da xente e Rodesindo da Barrosa, afiador e paragüeiro, facía chispear a roda sacando punta a coitelos e fouciños ao tempo que contaba historias aos presentes. A xente seguía chegando a pavillón mentras a Coral Lusco e Fusco deleitaba aos presentes con tres temas. Manuel Rial presentaba a dous artistas locais, Jaime de Vilaseco e Suso de Trasariz que se atrevían a cantar ante o gran público, rancheiras, o primeiro, e canción melódica, o segundo.

Mentres os camareiros ían cara a carpa prepararse para servir a comida o alcalde dirixíase aos veciños e veciñas, con palabras de gratitude e admiración que merecen todas as persoas maiores que sacaron adiante as súas familias nunha época bastante máis difícil que a que agora nos tocou vivir a nós, e que agora volven ter que axudar as familias nunha nova mala época. Logo de agradecer a presenza á corporacción municipal, á deputada provincial Zaira Rodríguez, ao Xuíz de paz e ao Director do xeriátrico, aproveitou para lembrar todas as actividades que desde o concello se organizan especificamente para os maiores.
Manuel Antelo quixo recalcar os beneficios económicos que a organización do Xantar dos Maiores supón para o concello, xa que, ao igual que o ano pasado, o subministro foi adquirido en máis de 30 negocios do concello. E rematou agradecendo a todas as persoas que voluntariamente se ofreceron a colaborar neste día para poder levar a cabo a con éxito a festa, e deu paso ao xantar.

Máis de cincuenta camareiros e camareiras entraban no pavillón coas fontes de empanada de bonito e bacallau. Á empanada seguiríalle a pescada á romana con ensalada e para rematar a carne asada con patacas. Chegada a sobremesa os gaiteiros do Revoltixo de Carantoña enchían de música o recinto, mentres os camareiros servían un apetitoso flan con nata e un anaco de rosca. Mentres agardaban polo café, o alcalde acompañaba aso camareiros repartindo un agasallo a cada un dos comensais, como lembranza da festa. ao tempo que volví ao mestre de cerimonias ao escenario continuar coa festa. Jaime de Vilaseco e Suso de Trasariz deleitaron aos presentes cunha nova actuación e o afiador chegou disposto a facerlle un piercing a un dos presentes.

Cantando e todo-Foto- Roberto Rua

Foi o mesmo Rodesindo da Barrosa quen animou a dúas veteranas cantareteiras de Berdoias a que sacasen as pandeiretas e sorprendeses aos presnetes coas súas fermosas voces, as dúas mulleres conseguiron levantar o aplauso dos presentes que se animaron a acompañalas nas súas cantareas. O afiador contiuou afiando e chegou o momento máis agardado, a pequena homenaxe aos máis veteranos da festa.

O alcalde chamaba a María Pérez Caamaño, que cuns moi ben levados 96 anos, foi a muller de máis idade de cantas se xuntaron no pavillón; e a Faustino Domínguez Ferreiro, gañador en idade a todos os demais homes, quen cos seus 95 anos, aínda se animou a botarlle uns bailes. Rematado o momento máis emotivo, chegou o tamén agardado sorteo dos agasallos que os establecementos subministradores donan para o evento. Manolo Rial foi o encargado de realizar o sorteo que reparteu máis de 25 agasallos entre os presentes.

O alcalde Manuel Antelo cunha das mais maiores de Vimianzo-Foto- Roberto Rua

Logo deste pequeno descanso da festa a música volveu ao escenario e serían os integrantes da Charanga Escándalo de Vimianzo, os encargados de iniciar o baile, ante a grata sorpresa dos presentes xa que a charanga escollera o Xantar dos Maiores para debutar, ben seguro lle choverán actuacións este verán. E o fin de festa ao ritmo do Dúo De Festa que animou o baile ata pasadas as 9 da noite.

Uns fados para pechar o mes da República da Liberdade

A fin de semana vimiancesa pechouse cunha fermosa sesión de Fados con Emilio Soares-Foto- Roberto Rua

E como non podía ser doutro xeito, a fin de semana vimiancesa pechouse ca fermosa sesión de fados na cita dominical que servía para rematar o Mes adicado á República da Liberdade e na honra da Revolución dos "Cravos". Emanuel Soares non só repasou os temas máis destacados do xenero, senón que ademais interpretou o tema "Como una ola" de Rocio Jurado, o cal esta includo no seu ultimo cd "Doce Fados y Una Cancion" e co cal mesmo fixo cantar o público asistente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios