Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo dá a coñecer a programación de visitas guiadas para o mes de setembro

Vimianzo setembro 2022 VISITAS GUIADAS copia
Vimianzo dá a coñecer a programación de visitas guiadas para o mes de setembro

O Concello de Vimianzo deu a coñecer programación de visitas guiadas para o mes de setembro. Celebraranse en dúas quendas: do 1 ao 15 de setembro, e do 16 ao 30 do mesmo mes. O Castro das Barreiras, os dolmens, os Batáns do Mosquetín, o porto de Cereixo e o Castelo son os principais reclamos destas actividades.

Durante a primeira quenda, e de martes a venres, celebraranse ás 10:00 horas nas Barreiras; ás 11:00 no dolmen de Pedra Cuberta; ás 12:00 horas nos Batáns e ás 13:30 horas no porto de Cereixo. O Castelo de Vimianzo será escenario das visitas guiadas de setembro de martes a sábado, ás 17:00 e ás 19:00 horas, e os domingos ás 11:00 e ás 19:00 horas.

Do 16 ao 30 de setembro, celebraranse ás 10:00 horas no Castro; ás 11:00 horas en Pedra Cuberta; ás 12:00 horas nos Batáns e ás 13:30 horas no porto de Cereixo. No Castelo, serán de martes a venres ás 17:00 horas, e os sábados e os domingos ás 11:00 e ás 17:00 horas.

Terán un aforo limitado a 25 persoas por visita, e haberá que reservar praza a través do formulario dispoñible na páxina web. Para máis información, pódese chamar ao 981 71 63 54 ou enviar un correo ao enderezo [email protected].

Comentarios