Venres. 25.09.2020
El tiempo

Vimianzo despediu o Vimiverán

Vimianzo despediu o Vimiverán

Emotiva despedida na Casa da Cultura dos campamentos do ‘Concilia Vimiverán’ . Unha cita que serviu para que a rapazada fixese gala das habilidades adquiridas durante o desenvolvemento desta actividade coa realización dunhas pancartas nas que se podía observar a súa destreza artística. Foron deseñadas exclusivamente para a ocasión e ter así unha bonita lembranza do que supuxo este particular verán para eles e elas.

Salva así o Concello un momento complicado axudando a todas esas familias que segue esperando o comezo do curso escolar.

Vimiverán 1 copia
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, acompañou aos pequenos nesta derradeira xornada

Entrega de Material

A sesión serviu tamén para facer a entrega de material escolar que a empresa eólica Greenalia realizou a escolares da comarca trala sinatura con varios concellos da comarca, onde a empresa está realizando 7 parques eólicos.

comentarios