Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo destinará 160.000€ para autonom@s e microempresas

Ruas de Vimianzo
Vimianzo destinará 160.000€ para autonom@s e microempresas


O Concello de Vimianzo destinará 160.577,20 euros para axudar aos autónomos e ás microempresas que conforman o tecido económico do municipio. A administración local aportará 32.115,44 euros, mentres que o restante será facilitado pola Deputación Provincial da Coruña, 128.461,76 euros, no marco do programa PEL Reactiva do organismo provincial, para darlle solucións ás problemáticas derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19.


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca a ‘colaboración entre administracións. Temos que conseguir apoios para dotar de axudas a un dos sectores máis castigados pola crise sanitaria’, apunta.
 

Comentarios