Vimianzo edita novos folletos dos Batáns do Mosquetín e do Castelo
Que importante é a difusión turística do noso patrimonio. E a imaxe desa difusión. Por iso, o Concello de Vimianzo vén de presentar unha nova edición dos folletos explicativos do Castelo de Vimianzo e dos Batáns do Mosquetín. Esta nova edición realizada polo xornalista soneirán Manuel Rial, aposta por unha grande presenza dos elementos visuais como fotografías e ilustracións.
Os novos folletos son bilingües castelán/francés e galego/inglés. Ademáis dende o do Castelo pódese descargar a Castelo de Vimianzo explicativa da fortaleza.
Estes novos folletos encádranse nunha nova edición de folletos de man e mapas que está a elaborar o Concello de Vimianzo. Nas próximas semanas presentaranse un folleto da Ruta dos dolmens, un mapa do concello que permita situar facilmente todos os elementos de interese e un rueiro da vila de Vimianzo.
Novas relacionadas
- O Castelo de Vimianzo xa ten a súa APP.
- A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo.
- A Torre do Castelo, a nova imaxe do Concello de Vimianzo.
Fonte
- Concello de Vimianzo.