Martes. 05.11.2024
El tiempo

Vimianzo esixe o cumprimento da lei de prevención contra os incendios forestais

Vimianzo esixe o cumprimento da lei de prevención contra os incendios forestais
Incendio declarado esta semana en Cures Vimianzo Ponte do Porto-Esteban-Petrallo Incendio declarado esta semana en Cures (Vimianzo) e  Ponte do Porto. Imaxe: Esteban Petrallo Con motivo da vaga de indencios forestais que invaden estes días a comarca, o concello de Vimianzo vén de publicar un bando no que lle esixe aos veciños e veciñas o cumprimento da lei de prevención contra os incendios forestais. Por un lado vaise, dende o goberno municipal remitrán - unha vez máis - a todas as casas un bando lembrando a obriga legal de eliminar as especies pirófilas nunha franxa de 30 metros das vivendas e a xestión da biomasa nunha franxa de 50. No bando comunícase que o incumprimento desta obriga dará lugar a que o concello o faga de oficio subsidiariamente con cargo ás persoas titulares das fincas. Ao mesmo tempo abrirase un expediente sancionador ás persoas propietarias que incumplan a Lei de incendios. Ademáis vaise proceder de oficio a executar a limpeza en varios casos que xa foron requiridos e que non foron atendidos. Para o alcalde a protección das persoas e das edificacións é un tema prioritario no caso dos incendios forestais. Antelo incide en que temos que concienciarnos de que nos núcleos rurais e na súa contorna non poden exisitir fincas abandonadas nin fincas de monte. Considera que é fundamental que os propietarios dos terreos asuman a súa responsabilidade na protección dos núcleos rurais.  

Incendios forestais 2016

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios