Vimianzo estrea a súa área para Autocaravanas

Xa o explicaba David Abelenda: “Hai que darlle solución aos problemas dos autocaravanistas”. E unha das grandes carencias é a falta de áreas de servizo.
Como acaba de facer Ponteceso coa instalación dunha área pegada ao cemiterio de Corme, o Concello de Vimianzo vén de inaugurar a nova área, situada ao carón do campo de fútbol e que pode acoller 11 vehículos, contando con cadanseu puntos de auga, ademais de pozo de augas negras.
Ademais do equipo de goberno, asistiu o presidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia, Eugenio Cabanas, e o propio Abelenda, veciño de Zas e xerente de Autocaravanas Costa da Morte, que tamén participou asesorando no proxecto.
Cada praza habilitada conta cunha sinalización e un código QR personalizado e adicado a un punto destacado á información turística do Concello de Vimianzo.
Está proxectado, á súa vez, a creación dunha área de recreo na parte baixa, para que as persoas que ocupen esta área de autocaravanas poidan gozar das espectaculares vistas do Castelo de Vimianzo mentres repoñen forzas.