Vimianzo exporta o seu Congreso de Inmigración
Máis que gratificante a experiencia do Programa ERN4mob vivida polo Concello de Vimianzo xunto con outras entidades locais do Reino Unido, Polonia, Italia, República Checa e Portugal, que se clausurou no congreso internacional sobre a emigración desenvolto en Vimianzo as pasadas semanas. Unha desas experiencais que cómpre contar.
Por iso, a técnica Rosa Sánchez e o alcalde Manuel Antelo expuxeron as cousas máis destacadas do proxecto no marco da 3ª edición da xuntanza “Europa na provincia da Coruña”, organizada pola Oficina Europa Direct da Coruña.
Nestas xornadas preténdese xerar un espazo para que os concellos coñezan as posiblidades de financiamento que ofrece a Unión Europea, crear un foro especializado en financiamento europeo, analizar experiencias de boas prácticas e capacitar ás persoas asistentes para poder preparar proxectos cos que concorrer ás convocatorias europeas.
No panel expositivo que presentado Concello de Vimianzo pódese comprobar o desenvolvemento do programa ERN4mob. Un programa que califican dunha maneira moi positiva, xa que puxo de manifesto distintos datos que permiten deseñar políticas públicas e medidas de ámbito social para abordar o ámbito migratorio no contexto da unión Europea.
Novas relacionadas
- Veciños e veciñas de Vimianzo contan as súas experiencias como emigrantes.
- Vimianzo analiza o papel da migración na sociedade durante a primeira xornada do congreso internacional
- Arranca en Vimianzo un congreso internacional no que se reflexionará sobre a migración
- Vimianzo acollerá un Congreso Internacional sobre Emigración
- Vimianzo acolle un congreso internacional sobre os procesos migratorios
- Xullo 2017: Vimianzo, presente na nova xuntanza do programa ERN4mob en Eslovaquia
- Marzo 2017: Vimianzo exporta e importa experiencias laborais europeas en Sicilia.
- Decembro 16: Vimianzo leva ata Irlanda do Norte o seu proxecto de mobilidade laboral.
- 22-09-16: Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal
- 18-05-16: Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia
- 18-03-16: As administracións potenciarán o emprego no rural coa formación e a inclusión social.
- A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo
- Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral
- A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo
- Camariñas importa e exporta dende Italia sabedoría na produción local.
- O concello de Vimianzo abre o prazo para inscribirse proxecto Youth acting in Rural Europe.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo