Martes. 10.12.2019
El tiempo

Vimianzo exporta a súa innovación cultural a 8 países no encontro en Croacia do proxecto #EuSAVE

Imaxe do seguno encontro do proxecto EuSAVE celebrado en xuño en Italia
Imaxe do seguno encontro do proxecto EuSAVE celebrado en xuño en Italia
Vimianzo exporta a súa innovación cultural a 8 países no encontro en Croacia do proxecto #EuSAVE
VIMIANZO PARTICIPA EN CROACIA NO 3º ENCONTRO INTERNACIONAL DO PROXECTO #EuSAVE DO QUE É LIDER

Continúa en marcha o proxecto Europeo #EuSAVE, que estes días 25, 26 e 27 de setembro, vivirá un terceiro encontro en Croacia. Ata alí irá unha expedición do COncello de Vimianzo, concello líder deste proxecto, no que participan entidades municipais de 8 países: España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal e Bulgaria, Letonia e Antiga República Iugoslava de Macedonia.≤/p>

O encontro terá lugar na localidade de Kumrovec (Croacia), e está organizado por LAG Zagorje-Sutla que é unha asociación de desenvolvemento local que agrupa a 11 municipios.

A temática do próximo encontro vai centrarse nas estratexias innovadoras de desenvolvemento local e pobos históricos no marco das novas ruralidades europeas.

A expedición vimiancesa, ademais de tomar boa nota das experiencias doutros países, explicará a súa pioneira aposta polo patrimonio cultural, como estratexia de turismo sostible e que sirva de motor económico.

Ademais, o proxecto axuda a comprender o sentido da Europa actual.

#EuSAVE

O obxectivo do proxecto é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas vilas. Durante un período de 2 anos, os grupos de traballo temáticos transnacionais levarán a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá. A través destas accións, desenvolverase un mapeamento de boas prácticas das iniciativas de éxito que xorden das sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural. Ademais, farase un seguimento das estratexias de desenvolvemento local baseadas nos valores e activos culturais, patrimoniais e históricos das zonas rurais. Despois de ser analizadas, as boas prácticas identificadas serán transferidas á rede, que definirá estratexias conxuntas de desenvolvemento e liñas de acción para vilas históricas intelixentes.
Finalmente, para asegurar a continuidade da rede más alá da vida útil do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade. Este plan incluirá directrices sobre como identificar, transferir e formalizar novos acordos de colaboración con outros municipios rurais europeos, e articulará un marco común de colaboración entre as entidades socias do proxecto (membros da rede) no futuro.

Novas do proxecto europeo EUSAVE

Comentarios