Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte consegue o selo Destino Star Light

Reunión xunta directiva CMAT-Xaneiro2023_2
Reunión da Directiva da CMAT
A Costa da Morte consegue o selo Destino Star Light

Grandes novas para o sector turístico da Costa da Morte. Tras apenas 6 meses de trámites, e despois da útlima auditoría realizada en outubro, a Fundación Starlight vén de outorgar á Costa da Morte o distintivo de Destino Turístico Starlight. Así o confirmou a entidade á Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), permitindo á nosa comarca sumarse á rede internacional de astroturismo, sendo ademais o cuarto de Galicia despois do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Trevinca e o municipio de Muras, e o primeiro da provincia da Coruña.

O certificado “non só recoñéce a idoneidade de Costa da Morte para a contemplación do ceo nocturno, senón tamén o compromiso para a súa conservación e a vontade público-privada para reducir a contaminación lumínica e mellorar a iluminación pública en exteriores”, destaca Mónica Rodríguez Ordóñez, presidenta da CMAT e alcaldesa de Vimianzo.

Catro anos para implantar un plan de melloras

En breve daránse a coñecer os resultados detallados da certificación e o Plan de Medidas de Mellora proposto pola Fundación Starlight, que deberá ser implantando ao longo dos próximos catro anos. Tamén será precisa a zonificación do distintivo, xa que ao contar Costa da Morte cun territorio tan amplo en comparación con outros destinos da rede, será preciso delimitar cales serán as zonas mellor conservadas e cales quedarán excluídas polo incumprimento dos indicadores que garanten unha boa calidade do ceo nocturno.

FITUR

A entidade, como promotora da iniciativa, recibirá o distintivo nesta edición da FITUR, a feira que se desenvolverá a vindeira semana. Feira á que non faltará a entidade promocionando o Xeodestino e poñendo en valor o certificado acadado.

A CMAT, en colaboración directa coa APTCM, asistirá como co-expositor, baixo o paraugas do stand de Turismo de Galicia, onde se proxectarán vídeos promocionais do destino de Costa da Morte e onde se ofrecerá material promocional, como as guías e os novos mapas turísticos.

Así o 19 de xaneiro ás 14.30 horas, a Xunta entregará un recoñecemento á CMAT, para que ás 18:30h se proceda á presentación oficial e a entrega oficial do certificado.
O 20, ás 12:30h, Jorge Mira dará a conferencia Guía do último Solpor da Europa Continental, unha nova publicación.

Ademais, a entidade tamén colaborarña coa Deputación na presentación, o xoves 18 ás 12:30h, do proxectos Os Fogóns do Anllóns.

Novas relacionadas

Comentarios