Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Os 17 monitores do Vimiverán fórmanse en materia de inclusión a través de COGAMI

VIMIANZO - Xornada formativa COGAMI
Os 17 monitores do Vimiverán fórmanse en materia de inclusión a través de COGAMI

Xornada formativa vencellada á inclusión á que tivo ugar este pasado xoves destinada aos futuros monitores dos campamentos de conciliación do Vimiverán. Un total de 17 persoas participaron esta mañá nunha sesión impartida pola técnica da Unidade de Apoio de COGAMI, Yaiza Somorrostro, quen fixo fincapé na necesidade de actuar de forma global e sempre fomentando a inclusión integral dos nen@s con discapacidade.

Saen moito mellor preparados os monitores que impartirán campamentos aos que asistirán menores do servizo de atención temperá. Se ben xa contan cun monitor especializado en educación especial, dende COGAMI pretenden que este grupo estea incluído co resto das nenas e nenos para que poidan participar nas actividades de maneira conxunta e global.


A edila María José Pose destacou que esta formación é “moi necesaria porque sempre se pode facer máis por facilitar unha mellor calidade de vida das persoas
con algún tipo de discapacidade”. “Desde o Concello de Vimianzo consideramos moi importante contar cunha formación coma esta na que os monitores aprenderon
consellos e tips para desenvolver aínda mellor o seu traballo pero, sobre todo, para poñer en práctica estratexias e accións globais que verdadeiramente poñan no
centro as persoas con discapacidade para crear con elas, non só ao redor delas, un ambiente de inclusión total”, afirmou a concelleira.

Comentarios