Vimianzo presenta o Campamento Vimiverán 23, o programa de conciliación familiar para a tempada estival

Importante que as familias teñan tempo para ir calendarizando o verán. O Concello de Vimianzo xa conta coa programación oficial para os campamentos Vimiverán 2023, un proxecto que persegue favorecer a conciliación familiar ao tempo que se poñen en marcha actividades para o desenvolvemento educativo, psicomotor, cognitivo, afectivo e social dos nenos e nenas dun xeito transversal e con perspectiva de xénero.
O campamento levarase a cabo de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e ofrecerase a posibilidade de incorporarse ao servizo madrugadores, con entrada desde as8:00 horas da mañá, naqueles casos en que sexa necesario para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
As persoas interesadas deberán realizar as preinscricións de xeito telemático ou na Casa da Cultura dende o 25 de maio ata o 9 de xuño, en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Vimianzo.
O sorteo de prazas terá lugar o día 13 de xuño, ás 12:00 horas, na sala conferencias da Casa da Cultura. Así, a formalización de matrícula e o pago de taxas estará habilitado do 14 ao 23 de xuño en horario de 8:00 a 14:30 horas.
O prezo estipulado é de 50 euros por quenda ou actividade. Haberá un desconto por familia numerosa de 5 euros que precisará xustificarse. Máis información en vimianzo.gal.
• 1ª QUENDA: do 26 de xuño ao 14 de xullo
- CAMPAMENTO VIMITEATRO (65 prazas) Desenvolveranse dinámicas teatrais para achegar a rapazada ao mundo do teatro e a temática será arredor do “Asalto ao Castelo” co fin de que coñezan a súa historia e festa.
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2020
- Horario: 10:00- 14:00 horas.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
- Lugar: Casa da Cultura de Vimianzo.
- CAMPAMENTO VIMIDEPORTE (65 prazas) Desenvolveranse dinámicas lúdico-deportivas ambientadas no “Asalto ao Castelo”.
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2020
- Horario: 10:00- 14:00 h.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
- Lugar: Pavillón Municipal de Vimianzo
• 2ª QUENDA: do 17 de xullo ao 11 de agosto
- CAMPAMENTO VIMICHEFF (20 prazas) Desenvolveranse accións para o coñecementos de técnicas culinarias básicas e participarán no concurso Vimichef.
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2017
- Horario: 10:00- 14:00 h.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
- Lugar: Aula de cociña de Reboredo. Salto
- CAMPAMENTO VIMIDEPORTE (90 prazas) Desenvolveranse dinámicas lúdico-deportivas enfocadas ao achegamento da rapazada ao coñecemento, coidado e respecto do medio ambiente, reciclaxe e prácticas deportivas respectuosas co medio ambiente.
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2020
- Horario: 10:00- 14:00 h.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
- Lugar: Pavillón Municipal de Vimianzo
• 3ª QUENDA: do 16 de agosto ao 1 de setembro
- CAMPAMENTO VIMICHEFF ( 20 prazas) Desenvolveranse accións para o coñecementos de técnicas culinarias básicas e participarán no concurso Vimichef.
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2017
- Horario: 10:00- 14:00 h.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
- Lugar: Aula de cociña de Reboredo. Salto
- CAMPAMENTO VIMIDEPORTE ( 70 prazas) Desenvolveranse dinámicas lúdico-deportivas enfocadas ao achegamento da rapazada ao coñecemento e respecto polas distintas opcións de xénero.
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2020
- Horario: 10:00- 14:00 h.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h. ( prazas limitadas necesario xustificar necesidade)
- Lugar: Pavillón Municipal de Vimianzo
Nesta quenda desenvolveranse actividades en inglés, polo menos unha hora diaria coobxectivo de que a rapazada aprenda inglés de forma lúdica a través de xogos e talleres.
CAMPAMENTO VIMIVERÁN NAS PARROQUIAS
- 1ª QUENDA: do 26 de xuño ao 14 de xullo
- 2ª QUENDA: do 17 de xullo ao 11 de agosto
- 3ª QUENDA: do 16 de agosto ao 1 de setembro
- Nenos/as nacidos entre o 2011 e 2020
- Horario: 10:00- 14:00 h.
- Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.
- Número mínimo 20 inscritos por parroquia
- Lugar: instalacións municipais das parroquias