Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Vimianzo inicia de novo os traballos de limpeza e adecuación da ruta dos dolmens

Antas de Vimianz limpas
Vimianzo inicia de novo os traballos de limpeza e adecuación da ruta dos dolmens

O Concello de Vimianzo iniciou a pasada tarde novamente os traballos de limpeza e adecuación da ruta dos dolmens. A alcaldesa do municipio soneirán, Mónica Rodríguez, advirte que “debido á climatoloxía deste ano, vémonos na obriga de realizar estas tarefas con maior periodicidade, e o noso obxectivo é que os visitantes coñezan os nosos tesouros patrimoniais nas mellores condicións posibles”. 

Así, os operarios comezaron esta tarde no dolmen de Pedra Cuberta, e irán realizando estas intervencións segundo a necesidade observada polos técnicos municipais. O incremento da humidade e a proliferación das especies autóctonas fan, neste verán, ter que ser máis constante neste sentido. 

Desde o Concello tamén se avanza nunha nova campaña no Castro das Barreiras, e agárdase polo permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia para poder realizar estas tarefas coa maior celeridade posible. “Este ano as peticións de visitas de familias e centros escolares incrementáronse nun 60%, e agardamos de preto a nova campaña que levaremos a cabo da man, como sempre, de Tito Concheiro”. 



 

Comentarios