Vimianzo lembrou a Martín Pena
10:45 24/08/11
Na xornada do pasado sábado, 20 de agosto, Vimianzo emocionouse no campo de fútbol municipal. Alí, familiares, veciños e compañeiros de instituto xuntáronse para lembrar a Martín Pena, falecido recentemente a consecuencia dunha longa doenza.
O acto comezou coa entrega á familia de Martín, de varios agasallos, como dous ramos de flores, unha placa, unha foto do neno cos seus compañeiros de equipo, e tamén unha camiseta en homenaxe coa que saltaron ao campo os xogadores do Soneira. Nela podíase ler “Martín sempre no noso corazón”.
A cita estivo organizada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Deportes. Alí estiveron a concelleira correspondente, Montserrat Vázquez, e o alcalde en funcións, José Antonio Miñones.
Foron máis de trescentas as persoas que asistiron ao Memorial Martín Pena.
Novas relacionadas
- Éxito rotundo na xornada campestre de Vimianzo.
- Os maiores de Vimianzo irán de xornada campestre.
- Vimianzo ensinará a procurar un emprego.
- Detido un home logo de roubar 3.000 litros de gasoil en Vimianzo.
- O Plan Integrado viaxou ás terras de Ourense.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.