Luns. 14.10.2024
El tiempo

Vimianzo mellora o saneamento de Tras do Ceán cos fondos do canon eólico

Vimianzo mellora o saneamento de Tras do Ceán cos fondos do canon eólico
A delegada da Xunta Belen do Campo e o alcalde de Vimianzo Manuel Antelo

Segue a Xunta facendo gala da cuantía do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico. Se xa pasamos por Muros, Carnota, Ponteceso e Camariñas, hoxe paramos en Vimianzo para coñecer en que se invisten os 147.285 euros da achega da Xunta.

A subvención destinaranse a proxectos de recuperación medioambiental e mellora do entorno no concello de Vimianzo. Por unha banda, o proxecto consistiu na dotación dunha nova rede de saneamento no lugar de Tras do Ceán, na parroquia de Bamiro. Así, construíronse os sumidoiros precisos para a recollida de augas residuais, que se conectaron á rede xa existente na Piroga.

Por outro lado, o concello destinou parte da axuda á obtención de equipamento para a realización de tarefas de conservación e posta en valor do medio ambiente, como a eliminación de maleza en espazos públicos, acondicionamento e limpeza de sendeiros e camiños, así como o apoio en actividades recreativas vinculadas co medio ambiente.

Dez municipios da Costa da Morte benefícianse destas axudas

Na súa reunión co rexedor do municipio, Manuel Antelo, Do Campo recordou que este é o terceiro ano consecutivo no que dez concellos da Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Vimianzo e Zas) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que cinco deles dispoñen de ata 126.521 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 839.391 millóns de euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios