Vimianzo pedalea polo Día da Bici

08:37 03/08/22
O Concello de Vimianzo organiza, un ano máis, o ‘Día da bicicleta’, unha xornada que neste 2022 celebra a súa IX edición e cuxo obxectivo é promover o uso deste vehículo como actividade deportiva saudable e como medio de transporte sostible.
A iniciativa, que conta coa colaboración do Club Tríatlon Costa da Morte, trátase dunha pequena marcha cicloturista de 11 quilómetros que percorrerá varias rúas do núcleo urbano ademais de lugares próximos á vila situados polo Val de Vimianzo. A saída farase desde a praza do Concello ás 10:30 horas.
As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (www.vimianzo.gal) antes do venres 19 de agosto.