Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo pide a conservación e sinalización da Arquiña de Vilaseco

Vimianzo pide a conservación e sinalización da Arquiña de Vilaseco
Antelo e Concheiro diante da mamoa Arquina de Vilaseco

A semana pasada coñecíamos que o unha reforestación con eucaliptos está danando seriamente a mámoa da Arquiña de Vilaseco. Para coñecer o estado real da situación, na mañá de hoxe o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, desprazouse xunto co arqueólogo Tito Conchreiro ata o lugar. A voz dun especialista pode ser clave para coñecer profundamente os danos que sufriu o monumento megalítico.

Segundo o arqueólogo, parece que os danos non semellan irreversibles pero poñen de manifesto a vulneración do documento. Reclaman que a Xunta de Galicia sinalice o monumento para contribuír a que a poboación o coñeza e saiba que se trata dun Ben de Interese Cultural (BIC).

Hai que recordar que a Xunta de Galicia aprobou en 2010 o desenvolvemento do Parque do Megalitismo, que incluía 8 monumentos situados no Concello de Vimianzo. As actuacións dende esta declaración son practicamente inexistentes e os feitos acaecidos esta semana en Vilaseco son, en grande medida, froito da desidia da administración autonómica.

Xuntanza informativa

O Concello de Vimianzo convocará proximante a unha xuntanza aos propietarios e propietarias dos monumentos do Concello que precisen dunha especial proteción para informalos da situación legal dos terreos nos que se atopan, das áreas de proteción e dos usos forestais, agricolas ou gandeiros que están permitidos. O obxectivo desta xuntanza é que non se repitan actuacións nas que, a raíz de traballos agricolas ou forestais e froito do descoñecemento, se danen estes monumentos e a súa posta en valor.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios