Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo pon en marcha un servizo de asesoramento a familiares de enfermos de alzheimer

Vimianzo pon en marcha un servizo de asesoramento a familiares de enfermos de alzheimer
Tecnicos de Afaber atenderan dous dias a semana o punto de informacion en Vimianzo Tecnicos de Afaber atenderan dous dias a semana o punto de informacion en Vimianzo Persoal técnico de Afaber - asociación de familias de enfermos de Alzhéimer de Bergantiños - desprazarase dous días á semana ata Vimianzo co fin de asesorar e informar ás famlias das persoas que padecen esta enfermidade. Esta colaboración é posible gracias ao convenio de colaboración que firmou onte o concello de Vimianzo con Afaber. Ambas entidades retenden fomentar a saúde e reducir o malestar psicolóxico e permitir que os familiares das persoas enfermas valoren mellor a súa situación. Para acadar estes obxectivos ofrecen recursos para afrontar e paliar emocións negativas, proporcionar maior sensación de control, aumentar a autoestima e o estado de ánimo positivo, permitir unha oportunidade de interacción social regularizada e recibir o feedback dos outros familiares. Este convenio inscríbese na Rede Paraugas, da que forman parte, entre outros, a fundación Barrié e FAGAL - Federación de Alzhéimer de Galicia -que busca aumentar a implicación das administracións públicas para paliar os problemas derivados desta enfermidade. Nunha primeira etapa, ademáis de asesorar e informar ás familias de persoas enfermas, marcouse o obxectivo de coñecer e avaliar as súas demandas. Os técnicos de Afaber desprazanse a Vimiaanzo os mércores e xoves  - en horario de 10 a 13 horas - e atenderán aos interesados na rúa Rosalía de Castro, nos baixos do Concello, a carón das dependencias do Xulgado de Paz. O servizo poráse en marcha o vindeiro 4 de maio. Curso en Santa Comba curso coidadores alzheimer santa comba afaber Ademais desta, Afaber ten marcha outras actividades a desenvolver nos próximos meses noutros concellos da Costa da Morte. Precisamente, durante os días 19, 24, 26 e 31 de maio - en horario de 10:30 a 12:30 horas impartirá un curso gratuito para coidadores de persoas con alzheimer no edificio de Servizos Múltiples de Santa Comba. Precisamente o concello xalleiro vén de abrir tamén un punto de información para familiares desta doenza mental. Os curso consta de 20 prazas e está dirixido a coidadores habituais de persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer e/ou outras demencias, ou persoas con dependencia. No caso de que non se cubran as prazas poderán apuntarse aquelas persoas interesadas na temática. Os interesados poden informarse no local de Afaber, situado na rúa Camelias, 2 - baixo - de Carballo en horario de 16 a 20 horas ou nos teléfonos 981 758 545 e 625 980 691, así como a través do correo [email protected]. Novas relacionadas Fonte

Comentarios